|

A Escola Municipal de Zas comenza de novo a súa andaina (e xa van tres cursos) a partir do vindeiro sábado 7 de novembro. Como os anos anteriores será Badius Teatro a encargada de desenvolver as clases. Os monitores responsables da escola son os mesmos actores de Badius Marco A. Alvarez e Pablo Soto alias "Pibe". Este ano haberá dous grupos duns 25 nenos de entre 6 e 12 anos, e hai mesmo algún de 5 e algún de 13. As clases distribúense por grupos, un en Baio e outro en Zas. En Baio, as clases serán os sábados de 12:30 a 14:00 hrs. no salon de actos do Polideportivo. O outro grupo praticará no salon de actos do Concello de Zas, tódolos sábados de 15:30 a 17:00 hrs., ate o mes de xuño do 2010. E para pechar o curso xa están pensando nas dúas clausuras que realizarán, unha en Baio e outra en Zas. Máis información e inscrición Para consultar máis información e para formalizar as inscricións poden chamar ao télefono de contacto: 981 75 13 98. Actuación en Mazaricos Xa fixou unha nova data o grupo de teatro Badius na súa xira pola Costa, para este outono. A cita será na Picota, Mazaricos, o vindeiro domingo 8 de novembro coa obra "Bancagare, sucursal nº13. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|