Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG afirma que a partida para a praia de Corcubión non é finalista  Correo-e
miércoles, 28 de octubre do 2009

Image

A portavoz do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, achegouse a Corcubión na tarde do pasado martes 27 de utubro de 2009, para manter unha reunión con membros do Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión. A xuntanza servía para tratar o chamado "proxecto de rexeneración da praia", que conta, segundo apuntaron, "coa oposición frontal do BNG". A voceira europea tildou o proxecto de "aberración" polo seu impacto ambiental e económico, logo de reunirse igualmente coas mariscadoras de a pé da Confraria de Mariñeiros de Corcubión.

Incumprimento de normativas europeas

Miranda afondou nosincumprimentos que ten o proxecto. Dúas liñas nas que, para o BNG, o proxecto incumpre as normativas europeas e sobre todo, vai "en contra da política pesqueira da UE":

  • Calidade de augas: neste sentido, Miranda refrendou a contaminación por hidrocarburos e fecais da ría, que impide o baño.
  • Protección das comunidades pesqueiras e marisqueiras: neste sentido, Miranda afirmou que nestes momentos nos que a Comitiva Europea está afrontando a reforma da Lei de Pesca, é o momento de traballar por incluir a Pesca de Baixura e o marisqueo, como fixo notorio o patrón maior da Confraría de Lira na súa última participación en Bruxelas. Deste xeito ir en contra dun viveiro como o do areal de Corcubión incumpriría as directrices europeas ademais de causar "consecuencias irreversibles" na ría.

Image

"1ª urxencia: o Saneamento"

Por aí entrou Miranda nos problemas de contaminación da ría. "O primeiro é o saneamento e para iso si que ten que haber inversión".

"Partida finalista?"

Precisamente esta foi unha das preguntas máis debatidas a pasada fin de semana nas xornadas informativas organizadas polo Colectivo. E precisamente foi esta a resposta máis salientable da reunión. O BNG mantén que a idea de "partida finalista é unha gran mentira. Son amenazas que utilizan os partidos políticos para xogar coa conciencia da xente, pero sempre se pode realizar un Expediente de modificación de proxecto". Así poderíanse manter os 1.200.000€ sde investimento na vila, sendo esta unha das meirandes preocupacións da poboación corcubionesa.

Queda de novo a pelota en terreo de Costas, como xa denunciaron dende o Colectivo.

Nese sentido, o BNG si aceptaría a rexeneración da praia de Santa Isabel cun "pouquiño de area da ría", ou desviar os fondos a unir o paseo marítimo con Cee, como solicita o Colectivo.

Denuncia camiño de Madrid e Europa

Así, o grupo do BNG afirmou que vai presentar unha denuncia na Comisión e no Parlamento Europeo, a través da futura eurodiputada Ana Miranda.

Pero compremeteuese igualmente a facer o propio no Congreso e no Senado do Estado a través de Paco Jorquera, voceiro da provincia da Coruña e Madrid, e de Olaia Fernández, voceira de Pesca do partido.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com