Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Papel mollado  Correo-e
viernes, 30 de octubre do 2009

É moi difícil buscar explicación a determinados procedementos, a certos modos e xeitos nos que a sociedade de dereito, este “modo de vida en comunidade” que decidimos outorgarnos (uns mais que outros) se manifesta e aplica no dia a dia. De feito, un “experimento” que puxen en marcha en Agosto pasado esta a dar froitos de difícil encaixe na realidade legal, neste caso, do Concello de Cee. Me explico. 

En Agosto pasado remitín unha carta-denuncia a dous organismos, co gallo da apertura en Domingo e festivo, o dia 16 de Agosto, do novo supermercado situado na entrada de Cee (omitirei o nome para non dar a ningún directivo ideas raras sobre xulgados e demais). O mais recente, xa me entendedes. Ben, no dia citado esta superficie abriu as súas portas con outras as que tamén citei no escrito e eu me preguntaba que lei era a que protexía esa apertura. De feito, pregunteino a Dirección xeral de Comercio e o Concello de Cee. Ámbolos dous organismos recibiron o escrito o dia 19 de Agosto e este xoves a Consellería de Innovación (da que depende Comercio) contestou.... cun estraño xiro dos acontecementos que me levou a mais pesquisas e algunha sorpresa. 

Resulta que a apertura do comercio tradicional sito a carón de feiras e mercados tradicionais esta regulada por un apartado do artigo 8 da Lei de apertura comercial de Galicia. Explicitamente se permite esa apertura en Domingo ou festivo “do comercio situado no casco urbano onde se celebre a feira ou mercado” pero ollo, porque a definición de ata onde chega ese “casco urbano”, ou do tipo de comercio q pode e que non pode abrir a ten que dar o Concello, o de Cee neste caso, que, aló menos ata onde eu sei, nin a dou nunca nin parece ter pensado dala. 

A lei e clara. Concello, coa aprobación da Cámara de Comercio, das asociacións comercias mais significativa e tras poñer a decisión en coñecemento da mesma Dirección xeral de comercio, quen da o seu visto bo (ou non) o mapa de zonas do municipio onde si se pode abrir en Domingo. Así que, raudo, acudo a pescuda da lei en materia de mercado dominical en Cee co resultado dun único documento de 19 de Maio de 2006 titulado “Aprobación definitiva do Regulamento da venda ambulante no Concello de Cee “que, aínda tendo un apartado dedicado o Mercadiño Dominical (non debe ser o bastante grande para chamarlle Mercado) non fala nin describe nada sobre esta cuestión... ¿Descoñecemento dos edís?, ¿ignorancia supina?. Non o sei... o mellor so escorrer o bulto. 

O certo é que, despois de tanto predicar no deserto o punto segundo da resposta que me achega a Consellería de Innovación e todo menos definitiva. Nese segundo punto se indica que a carta-denuncia vai seguir en todo caso o procedemento administrativo e será a Dirección xeral de comercio quen, finalmente, decida si sancionar ou non os hipermercados citados.  

E digo eu ¿non seria mellor sancionar o concello pola súa incompetencia si, finalmente e como parece, non existe aínda, despois de século e medio, regulación municipal real para o comercio local no que a aperturas en Domingo se refire?. Toneladas e toneladas de papel con leis a cumprir que ninguén coñece e que ninguén fai cumprir. Isto marcha...

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

     
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com