Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O corcubionés de Rubik voltou de Bruselas cunha medalla  Correo-e
sábado, 13 de octubre do 2007

Image 

Alejandro Lamas, Jan ou o corcubionés do cubo, contóunos un pouco que tal foi a competición de Bruselas na que sacou unha medalla como mellor marca española cun incrible 14,22seg na proba do cubo clásico. Non quixemos recortar nadiña, así que as súas verbas falan por si soas.

Jan fala

Xa estamos aquí de volta, tras un fin de semana intenso. A verdade é que o Campionato foi incrible, e superou tódalas espectativas. Está claro que era un Campionato do Mundo, posto que alí se xuntaron os cuberos mais rápidos que vin xamais.

A competición durou dende o venres 5 ata o domingo 7, cuns apretados e intensos horarios debido a gran cantidade de modalidades existentes e o alto número de participantes (case 300 de 35 paises).

A miña actuación foi discreta, pero salvada por unha marca de 14.22 segundos na categoría principal (a do cubo de toda a vida). Esta marca permitiume subir ó podio a recoller a medalla da mellor marca española, unha grata sorpresa que sinceiramente non agardaba acadar.Image

Bo ambiente na concentración

Da relación coa xente, destacar a gran cordialidade que existía entre todo o mundo, tódolos participantes eran accesibles, e podías compartir con eles técnicas, trucos e conversa. Fora de campionato, nos encontros que se organizaron, era incrible ver as habilidades sobrehumanas que tiñan algúns dos partipantes.

Na fotos (nas que podemos ver a Jan na dereita en ambas) amosamos as dúas medallas acadadas (Ernesto Fernández como campión do "clock" e eu como mellor marca española no cubo) e outra do equipo español con Erno Rubik, que estivo presidindo a ceremonia de entrega de premios.

Hoxe xa se atopa en Enidhoven participando no Open Internacional de Holanda

O xoves pasado xa partiron cara a Eindhoven, onde durante os días 13 e 14 se disputa o Open Internacional de Holanda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota informativa de Alejandro Lamas.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com