- Ponteceso prepara o estómago para a XIX Feira das Fabas.
Festa infantil e magosto en lires
Este vindeiro sábado 31 de outubro e ás 16:30h da tarde, a Asociación Cultural Pedras Miúdas de Lires, realizará un magosto xunto con unha festa infantil na escola de Lires.
Haberá castañas, refrescos e unha degustación de licores. Ao mesmo tempo os máis pequenos poderán disfrutar dunha festa infantil coa animación do dúo de paiasos "Colorín e colorete, para pasalo de rechupete".
II Maratón Fotográfico Ambiental de Vimianzo
A cita se desenvolverá o vindeiro sábado 31 de outubro de 2009. A saída será ás 09.30 h diante do concello e o percorrido, de 11 quilómetros pasará por Vimianzo, Campo da Areosa, Castrobuxán e Pasarela, para rematar de novo en Vimianzo. Aínda tedes o día de hoxe para apuntarvos.
Baile en Cabana
A cita para recuperar o salón de baile da Medoña aprazouse a semana pasada e queda para este venres 30 de outubro. A partir das 20.30 h., coa presenza do Alcalde de Cabana de Bergantiños, inauguraranse a obras de reforma do local social da Medoña e desenvolverase a sesión de bailes de salón dedicada a esta parroquia. Realizarase o pase audiovisual e actuarán as cantareiras da Asociación O Fol de Neaño. Como peche, convidarase ós asistentes a torta de mazá e viño doce.
Halloween en Ponteceso
Este sábado 31 de outubro, os locais nocturnos de Ponteceso preparan unha noite terrorífica. Os locais estarán ambientados e premiarán a todo aquel que vaia disfrazado.
Malasombra en Cee

Este vindeiro sábado 31 de outubro, o Salón de Actos do Concello de Cee, acolle ás 20.00 h a obra de Malasombra Producións, "O día do pai". A representación será unha das últimas citas co teatro no Programa do Outono Cultural de Cee, que continuará en novembro con moita música.
A sesión custa, como sempre, 2,5 euros e 1,5 € para nenos e pensionistas.
Surf en Lariño
Esta fin de semana ten lugar a 2ª Proba do Circuito Galego de Bodyboard en Lariño (Carnota).
Fonte
- Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).