|
A Coral que viste de liño |
Correo-e
|
|
viernes, 30 de octubre do 2009 |
|

Preciosas estas flores de liño tecidas a man. Precioso pois o agasallo que a presidenta da Asociación Amigos do Liño de Baio-Zas, Carme Riveiro, entregoulle á Coral Xan Mella de Baio. Unha comunión entre dúas das entidades que máis se moven na vila baiesa. O agasallo será estrenado polas mulleres da coral no Concerto de Nadal, que combinarán cos chales de liño que veñen lucindo as féminas da Coral Xan Mella, tamén cedidos pola asociación. Vindeiras actuacións A Coral polifónica Xan Mella actuará o sábado 31 de outubro en Campañó (Pontevedra) no IV Certame en clave coral. A coral baiesa compartirá cartel coa Coral polifónica Baiona La Real de Baiona e os anfitrións Airiños de Campañó. Esta é a cuarta vez que a coral que dirixe Tatiana Pankrátova é seleccionada pola Fecoga e a Xunta de Galicia para participar no Certame En clave coral. O concerto será ás 20:00 horas no Centro cultural de Campañó. Poden ver o programa da Coral de de aquí ao nadal. Novas relacionadas Fonte
|