Se a semana pasada visitábamos a bitácora do Outes FC. Hoxe imos en sentido contrario, pero seguindo a temática fútbolística en Santa Comba.
Alí atopamos o blog santacombacf.blogspot.com. Un completo repaso sobre a actualidade de todos os equipos do conxunto xalleiro, dende o primeiro da 3ª División, ata os alevíns.
Contan cunha morea de arquivos, tanto fotos como vídeos, clasificacións, resultados... Todo o necesario para seguir o devir do equipo de Santa Comba.