Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Cruce de responsabilidades en torno ao Parador de Muxía  Correo-e
lunes, 02 de noviembre do 2009

Image

Cruce de declaracións esta fin de semana arredor do Parador de Muxía. A semana pasada, dende o PSOE criticaban a a falta de partida orzamentaria da Xunta para o proxecto, mentres que dende a Xunta culpan a Turespaña de ter paralizado o proxecto por serias dúbidas sobre a legalidade do concurso de ideas. Vemos na imaxe o proxecto de Penela.

Esta fin de semana continuaron as acusacións e dende o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio afirmaron que o proxecto está parado á espera da firma, coa Xunta, do convenio de cesión do concurso de ideas, que está sendo estudiado por organismos xurídicos, decisión tomada polo actual goberno da Xunta.

O Partido Popular de Galicia sae tamén á voz pública reclamando ao estado 2 millóns de euros para o parador e esixe a Turespaña que deixe de "buscar escusas" e impulse este proxecto. Así llo fixo chegar a deputada popular, Belén Do Campo, ao Congreso dos Deputados, que considera "lamentable" a falta de compromiso do PSOE co parador.

Con todo, o director de Turespaña, Antonio Bernabé, reuniuse o pasado venres co alcalde de Muxía, Félix Porto (PSDEG), a quen garantiu que mantén o seu compromiso para sacar adiante o proxecto e que priorizará a construción de devandita infraestrutura. Ademais, afirmou que o goberno central investirá 20 millóns de euros, e que as obras comezarán no 2011.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com