|

A Concellaría de Cultura e Servizos Sociais do Concello de Mazaricos vén de presentar o seu programa cultural para o mes de novembro. Un programa que promociona a cultura popular, da man dos bailes para maiores e das pandeireteiras de Arcos, pero que non olvida á mocidade, para a que artella unha sesión de Guateque. Domingo 8 de novembro Será a Compañía Badius Teatro a que abra o ciclo. A cita será ás 17.30h da tarde no Auditorio da Casa de Cultura, onde o Grupo de Teatro Badius interpretará a obra Bancagare: Sucursal Nº 13. Máis tarde, ás 19:00h da tarde, terá lugar o Baile dos maiores, coa mellor música e a actuación do Grupo de Pandeiretas de Arcos. Domingo 15 de novembro O Baile dos maiores comezará ás 20:00h da tarde na Casa de Cultura, coa mellor música e a actuación do Grupo de Pandeiretas de Arcos. Venres 20 de novembro Guateque da mocidade, ás 19:00h na Casa de Cultura, con boa música e a mellor compañía. Domingo 22 de nobembro Concerto de Música Popular, ás 17:30 da tarde no Auditorio da Casa de Cultura, coa Charanga Vai de baile; e ás 17:00 da tarde O Baile dos maiores coa mellor música e a actuación do Grupo de Pandeiretas de Arcos. Mércores 25 de novembro Día en contra da Violencia de Xénero: na Casa de Cultura e durante todo o día, desenvolveranse diferentes actividades para pequenos e grandes. Domingo 29 de novembro O Baile dos maiores será ás 20:00 da tarde na Casa de Cultura, coa mellor música e a actuación do Grupo de Pandeiretas de Arcos. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Concellaría de Cultura e Servizos Sociais do Concello de Mazaricos.
|