doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Conciencia  Correo-e
viernes, 06 de noviembre do 2009

No ano 1939 Dalton Trumbo, guionista de Hollywood sacrificado para o cine pola Caza de Bruxas anticomunista do Senador MacArthy e compañía, publicou por primeira vez “Johnny got his Gun”, ou coma foi traducida o castelán “Johnny cogio su fusil”. 

Tratase dun dos alegatos antibelicistas mais feros e realistas que coñezo. O relato da vida dun home ferido en batalla que queda postrado nunha cama, amputado de brazos e pernas, vexetal para todos menos para el mesmo que se sabe consciente e alerta. Neste texto extraordinario, pleno de valores coma non esta a cabeza do 90% da clase política actual, hai un discurso en concreto que me gustaría traducir e reproducir aquí.  

Trata sobre as razóns mesmas da loita pero, si lle damos un pequeno xiro, nos coloca tamén diante do feito de quen é realmente o que controla as nosas vidas, quen, en sentido figurado, dirixe e constrúe o noso día a día, por moito que algúns pensen que so a súa vontade o dirixe. Di así; 

“El era o futuro. Era unha imaxe perfecta do futuro. E eles temían que alguén se dese conta de como ia ser ese futuro. Estaban vislumbrando o futuro. E nese futuro vían a guerra. E para librar esa guerra necesitarían homes. Agora ben, si os homes vían o futuro... non ían quere loitar. Así que enmascararon o futuro. Mantiñan o futuro nun segredo quedo, calado, letal. Sabían que si a xente pouco importante, que si os insignificantes vían o futuro comezarían a facer preguntas. Farían preguntas e atoparían respostas. E aos tipos que querían que loitasen naquela guerra lles dirían;

Mentireiros, ladróns, fillos de puta, non queremos combater, non queremos morrer. 

Queremos vivir. Nos somos o mundo, nos somos o futuro. E non deixaremos que nos desmembredes, digades o que digades, deades os discursos que deades, escribades as consignas que escribades. Lembrádeo ben; nos somos o mundo, nos facémolo funcionar. Facemos o pan, a roupa, as armas. Somos o eixo da roda, e os radios, e a propia roda. Sen nos seriades vermes, famentos e espidos. E non morreremos.

Non seremos nos os que morramos. Seredes vos.” 

Hai varias cousas que funcionan rematadamente mal na nosa sociedade, na Costa da Morte, ademais, sen solución real aparente en bastantes décadas. Pero hai unha cousa que si funciona ben. A conciencia. Non a consciencia, que esa parece perdida vendo como poboacións enteiras admiten ser enganadas por mercachifles de terceira categoría como un “mal menor”. Non, a verdade é que imperan o sopor e a inconsciencia.  

Falo da conciencia que leva a alguén a non comportarse coma un completo idiota e a poñer diante de diversas actitudes o sentido común. A non ser un insensible integral en determinadas ocasións. A non votar a un probado delincuente nuns comicios a pesares de formar parte “do partido” ou a dicir en voz alta que algo esta mal aínda que poda custarlle o posto. Dicía o mito de Fausto que “deixa a un lado os teus principios e terás prosperidade. Mantenos e seguramente serás menos prospero, pero mais cabal”  


 


E innegable que as verbas de D. Trumbo, sen guerras a vista e nunha aparente “Pax Inmutabile” carecen de sentido como alegato antibelicista pero adquíreno de súpeto coma elemento revelador de varias verdades en si mesmas. Que a nosa vida depende dun entramado estreito de decisións acordadas por terceiros sen o noso coñecemento.

Que o libre albedrío non é  tal e que todo queda supeditado a unha “causa maior” que descoñecemos. Que o cumprimento da lei como tal queda supeditada a categoría económica do afectado e que para nada todos somos iguais diante dela.  Que ningún destes parámetros esta en consonancia cos principios básicos da democracia. Que, sen sabelo, nos volvemos comunistas e outorgamos o poder a unha elite de oligarcas que nos manexan a vontade.  

Así son as cousas. Quen pense o contrario debería demostralo. Quen coincida debería amosarlle os demais que están equivocados. Cuestión de conciencia. 

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

     
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com