Magosto no Centro de Día de Cabana O Centro de Día de Cabana de Bergantiños celebrará este venres día 6 de novembro unha xornada de portas abertas e un magosto ao que poden asistir todos aqueles, familiares ou non, que queran acompañar aos usuarios e coñecer o centro e a súa actividade. A festa comezará no centro, situado en Neaño enriba do local social, ás 16.30 horas e o magosto será amenizado ao longo da tarde por un grupo de música tradicional. Magosto en Corcubión O Concello de Corcubión organiza un Magosto o sábado día 7 de novembro, ás 20:00h, no edificio do Cárcere Vello de Corcubión. Magosto en Corme Este venres 6 de novembro, ás 20:00h na Praza do Pan de Corme, e se chove na Lonxa, os veciños cormeláns poderán disfrutar dun tradicional magosto organizado pola Concellería de Cultura do concello pontecesán. Palillada en Vimianzo A Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo organiza a III Palillada no Pavillón de Vimianzo o sábado 7 de novembro de 2009. Concerto en Cee O teatro deixa paso á Música no Programa do Outono Cultural de Cee, e ao longo deste mes de nomvebro haberá 4 sesións musicais, que contan coa colaboración inestimable da Escola de Música. As citas comezan este sábado 7 de novembro, no Salón de Actos do Concello de Cee, ás 20.00 h. Terá lugar un concerto da Dixigras Big Band de Cambre. A entrada é libre. Teatro en Ponteceso Este sábado 7 de novembro comeza o XVI Cico de Teatro de Ponteceso. E o fai ca Compañía Altozano Flamenco, que traerá a súa obra "Danza". Teatro en Mazaricos Será a Compañía Badius Teatro a que abra o ciclo de Novembro Cultural en Mazaricos. A cita será o domingo ás 17.30h da tarde no Auditorio da Casa de Cultura, onde o Grupo de Teatro Badius interpretará a obra Bancagare: Sucursal Nº 13. Máis tarde, ás 19:00h da tarde, terá lugar o Baile dos maiores, coa mellor música e a actuación do Grupo de Pandeiretas de Arcos. Teatro en Vimianzo Este domingo 8 de novembro ás 18:30 no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, "O Mago Xacobe", unha obra par toda a familia. Teatro en Dumbría Este sábado, 7 novembro comeza o Ciclo Ven ó teatro en Dumbía. A cita será ás 18.30 h. en Berdeogas. coa obra de Candelexas: "Mellor ser can... que vivir como un can". Teatro en Malpica Dentro da VI Mostra de Teatro de Malpica, que comeza hoxe, a Compañía Paso de Valverde presenta a comedia Un día de Circo. Será o venres, 6 de novembro de 2009, ás 20:30h no Auditorio do Centro Cívico do Concello de Malpica. Exposición sobre o Prestige en Malpica Ata o día 13, e no espazo do Centro Cívico, abriráse a exposición que leva por título "O Prestige". Con esta actividade preténdese sensibilizar á poboación sobre os efectos das catástrofes ambientais producidas polos verquidos dos derivados do petróleo. Exposición do Maratón Fotográfico de Vimianzo De todas as imaxes sacadas a pasada fin de semana, seleccionáronse unhas 60 obras, que servirán para realizar unha exposición no Telecentro de Vimianzo este sábado 6 de 2009. Cine sostible en Laxe Dentro da A Semana da Ciencia de Laxe, este venres ás 19:00h proxectarase “El viaje del Emperador”, dentro do cine de Bitaca Verde. A proxección será no salón de actos municipal situado no edificio da biblioteca municipal do Concello de Laxe.
|