|
As choivas tamén inundan Malpica |
Correo-e
|
|
viernes, 06 de noviembre do 2009 |
|

Non só o centro de Cee sofre a cada tormenta polas malas infraestruturas na rede de saneamento. A vila de Malpica sufríu na madrugada de hoxe, venres 6 de novembro de 2009 unha inudación debido tanto a problemas de evacuación como as últimas choivas caídas, o que provocou inundacións. E agardemos que o temporal non chegue con tanta forza como o pasado marzo, de cando son estas imaxes de Marcos Rodríguez Uns 30.000 litros de auga tiveron que ser retirados polos bombeiros, tras atascarse moitos sumidoiros da vila. Segundo informou o 112 e Europa Press, o aviso recibiuse sobre as 23.00 horas en relación a un baixo comercial alagado no lugar de Buño e os bombeiros permaneceron traballando no lugar ata as 4.30 horas. Así, os bombeiros apuntaron á posibilidade da existencia dun problema na rede de saneamento que puido provocar o atascamiento e inundación posterior. Foron mobilizados polo 112 a Policía Local, Protección Civil e os Bombeiros de Carballo. Os bombeiros primeiro baleiraron a rede de sumidoiros e logo dos semisótanos alagados, nos que había uns 30 centímetros de altura. Novas relacionadas
|