|

O pasado 7 de novembro, o Presidente Provincial do Partido Popular, Carlos Negreira, acompañado pola Presidenta Rexional de NNGG, Maria Seoane e por Javier Escribano, Presidente de Novas Xeracións pola provincia da Coruña, presentou en Malpica ao novo equipo das Nuevas Generaciones (NNGG). A nova presidenta da Xunta Local de Malpica será Alicerce Doldán Pouse. A nova xunta nace coa vocación de escoitar aos mozos e de facer políticas que solucionen os seus problemas máis inmediatos. Ademais, o líder provincial destacou que o equipo de NNGG de Malpica comeza a súa andaina co obxectivo de dinamizar a actividade xuvenil no municipio e para mentalizar aos mozos que con unión e traballo pódense defender os seus intereses e conseguir obxectivos. Neste sentido, Negreira subliñou que este novo equipo será o altofalante da mocidade do municipio, recollendo as súas propostas e necesidades máis inmediatas, e traballando para que estas sexan unha realidade. "Esta xunta nace coa vocación de escoitar á xente para poder facer así políticas que solucionen os problemas reais da mocidade", indicou Negreira. Achegar a videnda aos mozos Negreira destacou a importancia de traballar en materia de emprego e de vivenda, xa que é onde este colectivo estase atopando con máis dificultades. Por iso, o Presidente Provincial subliñou a importancia de unir esforzos para mellorar e facilitar o acceso á vivenda dos mozos galegos, e propor solucións "reais", como a mellora e incremento das bolsas de aluguer ou a reserva específica dunha porcentaxe para mozas dentro da vivenda protexida. "Axudas reais que faciliten a compra da primeira vivenda e cantas soluciones sexan necesarias para alcanzar a plena emancipación dos mozos que así o queiran", indicou Negreira. Do mesmo xeito, destacou que o emprego é outro alicerce fundamental, polo que o PP está traballando para conseguir máis postos de traballo estable e de calidade, a través de incentivos aos mozos emprendedores e de apostar pola igualdade real á hora de acceder ao mundo laboral. Máis información Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do PP comarcal.
|