|
Chuvia de millóns en Malpica |
Correo-e
|
|
lunes, 09 de noviembre do 2009 |
|

A algún veciño ou visitante de Malpica vai deixar de preocuparlle a crise que estamos a padecer nestes tempos que corremos, pois a sorte chamou á vila esta pasada fin de semana. O sorteo do Gordo da Primitiva celebrado o pasado domingo 8 de novembro de 2009 deixou en Malpica nada máis e nada menos que uns 8 millóns de euros, que para os menos amigos das cifras, son máis de 1.300 millóns das antigas pesetas. O único boleto da máxima categoría foi validado en As Marabillas, administración de loterías número 1 de Malpica que está situada no número 2 da rúa Emilio González López. Como é habitual nestes casos, a persoa afortunada permanece no anonimato. O que sí sabemos é que o premio ascende a 7.908.260,97 euros. Unha cifra astronómica de cartos grazas á combinación ganadora, que foi a formada polos números 3-12-20-33-34 e como reintegro o 9. Certo é que a partires de agora as variacións do Euribor, o IPC ou demáis indicadores de índole económico non lle suporán inquedanza algunha ó misterioso premiado. Os demáis a seguir traballando... Novas relacionadas Fonte
|