|
Festas do San Martiño en Fisterra |
Correo-e
|
|
martes, 10 de noviembre do 2009 |
|

Se o San Martiño se celebra en Lariño, tamén se fai o propio en Fisterra. O mércores 11 celébrase a misa na honra de San Martiño, e pasarrúas cos gaiteiros Millo Verde. A festa, propiamente dita será o sábado. Amencerá co pasarrúas da Charanga O Rumbo de Sardiñeiro. Para as 12:30, misa na honra da Virxe do Rosario e espectacular traca de fogos de artificio, que darán paso á sesión vermú coa orquestra Ledicia Espectacúlo. Pola noite repetirá coa Super T, e volverá a haber traca de fogos de artificio, que tanto gustan por aquí. Novas relacionadas Fonte e máis información
|