|
Pan na Mostra de Teatro de Malpica |
Correo-e
|
|
jueves, 12 de noviembre do 2009 |
|
A compañía compostelá Volta e Dálle Teatro será a encargada este venres 13 de novembro de levar ao auditorio do Centro Cívico (20:30h) a segunda función da VI Mostra de Teatro de Malpica. A compañía compostelá presentará a obra “Pan. Catro propostas arredor da malla”, na que destaca o coidado elenco artístico encabezado pola actriz Comba Campoy e a colaboración de Mini e Mero, fundadores de Fuxan Os Ventos e compoñentes de A Quenlla. A actividade da malla serve de pretexto para abordar un tema universal: as mutacións sociais e culturais que conlevan a desaparición da economía tradicional agraria. Mais o resultado non é unha recreación folclórica e nostálxica de tempos idos, senón un espectáculo novidoso e orixinal. Exposición sobre a Represión Lingüística O Centro Cívico acollerá do 16 ao 30 deste mes a exposición gráfica e audiovisual "Crónicas da represión lingüistica" baseada en experiencias de persoas que viviron a represión lingüística en Galicia a partir do levantamento militar de 1936. A mostra está promovida pola Concellaría de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña coa colaboración de diversas institucións públicas e sociais de Galicia. A inauguración está prevista para o mesmo luns 16 ás 20:00h. Asistirá o alcalde, José Ramón Varela Rey, aoncelleira de Cultura, María Dolores Fariña Pérez, e o deputado provincial, Xoán Sande Muñiz. Máis información Novas relacionadas Fonte
|