Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Os ADLs dos concellos tomaron nota en Zas das axudas á reindustrialización  Correo-e
viernes, 13 de noviembre do 2009

Image

Onte, día 12 de novembro, na Casa do Concello de Zas, tivo lugar unha xornada informativa dirixida ós axentes de emprego e desenvolvemento local das Comarcas de Terra de Soneira, Xallas, Fisterra e Carnota-Muros e representantes da Asociación “Finisterrae” de profesionais do desenvolvemento local (AFIPRODEL). 

Nesta xornada, impartida por Anabel Piñeiro e Daniel Oca, directora e técnico da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto de Emprego da Costa da Morte, informouse sobre as axudas para a reindustrialización publicadas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

O prazo remata o 3 de decembro

Nesta convocatoria cuxo prazo remata o 3 de decembro de 2009, poderán presentarse proxectos de concellos e entidades,  para execución de infraestructuras básicas (polígonos industriais, centros de empresas, infraestructuras loxísticas etc) e de proxectos de empresas que teñan carácter industrial (compra de maquinaria, terrenos, edificaciones, equipos, instalaciones ...). 

As empresas privados poden acceder a préstamos reembolsables ata un máximo do 50% do presuposto financiable, ó 0% de interese. Estas axudas son compatibles hasta un 25% da inversión, con outras doutros organismos públicos. Nesta xuntanza tamén se informou sobre as liñas do IGAPE ás que estos proxectos poderían acollerse. 

Os representantes de AFIPRODEL, organizadores destas xornadas, valoraron moi positivamente estas axudas e animan ó empresariado a empregar esta ferramenta de financiamento, que se bien o prazo para este ano é moi axustado, poden ir preparando os proxectos para presentar na vindeira convocatoria do 2010. 

Máis información

Todas as persoas que desexen información, poden acudir ós axentes de desenvolvemto local dos concellos da Costa da Morte, e as páxinas web  do Ministerio de Industria, Turismo y ComercioUPD Pacto de Emprego, e AFIPRODEL.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Concello de Zas.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com