|
Fin de semana do 13, 14 e 15 de novembro, fin de semana que cheira a castañas. Varios magostos, un par de festas, pero sobre todo, moito teatro neste mes de novembro. Magosto en Laxe Este domingo día 15, ás 18:00h, terá lugar no patio cuberto de Parvulitos de Laxe a tradicional festa do Magosto. Para que a festa sexa completa actuará a Charanga de música tradicional Vai de Roda cos seus cabezudos, que chegan dende Rianxo para meternos o ritmo no corpo, ademáis haberá un obradoiro de decoración de outono para os máis pequenos. Magosto no Pindo A Asociación Deportiva Recreativa Cultural Pedramar do Pindo celebra este sábado 14 de Novembro o seu “Magosto” particular. Os actos comenzarán ás 16:00h, co desenvolvemento de xogos populares, para nenos e maiores. A partir das 18:00h, terá lugar a gran actuación do mago “Cayetano Lledó", un mago xenial xa coñecido na bisbarra pensado para toda a familia. E ao remate, dende as 19:30h, teremos a posibilidade da degustar as castañas asadas. Magosto en Muxía O sábado 14 de novembro, a partir das 16:30h, no Polideportivo Municipal comezarán as actividades "Espazo Fantasía" e "Arco da Vella. Tempo libre", que terá haberá obradoiros á lectura, contacontos, obradoiros de manualidades, inchables... Para o domingo 15, toca o espectáculo para toda a familia de Sherezade Bardají, "Un Universo de contos". Será ás 19:30h no Pavillón do Voluntariado. - Magosto familiar en Muxía.
Magosto en Fisterra O Magosto, que se celebrará o día venres, 13 de novembro, ás 19:00h da tarde. Haberá a obrigada degustación de ricas castañas para revivir unha das máis tradicionais celebracións galegas do outono . Festas de San Martiño en Lariño A festa festa chega o venres 13 de novembro a Lariño. O venres serán nada menos que a Costa Oeste e a Panorama. E para o sábado 14 haberá xornada completa. Baile ás 16:00 co grupo de baile do ANPA do CEIP de Carnota. A partir das 17:30, inchables, e pola noite, tocan a Galilea e a Jerusalén. Festas do San Martiño en Fisterra A festa, propiamente dita, será o sábado. Amencerá co pasarrúas da Charanga O Rumbo de Sardiñeiro. Para as 12:30, misa na honra da Virxe do Rosario e espectacular traca de fogos de artificio, que darán paso á sesión vermú coa orquestra Ledicia Espectacúlo. Pola noite repetirá coa Super T, e volverá a haber traca de fogos de artificio, que tanto gustan por aquí. Festas en Vilaseco A parroquia vimiancesa está de festas o venres 13 e sábado 14 de novembro. O venres hai verbena coa Oca e Tekila. E para o sábado Océano e Atenas. Teatro en Ponteceso Continúa o XVI Ciclo de Teatro de Ponteceso coa compañía Producións Acontrabutaca. A obra representada o sábado 14 ás 22:30h na Casa dos Veciños do Couto será "Un moro moi vivo". - XVI Ciclo de Teatro de Ponteceso.
Teatro en Dumbría Este sábado, 14 novembro, ás 18.00h. Buxantes recibirá o espectáculo da Escola Municipal de Teatro de Laxe: "Terra de ninguén". Teatro en Malpica A compañía compostelá Volta e Dálle Teatro será a encargada este venres 13 de novembro de levar ao auditorio do Centro Cívico (20:30h) a segunda función da VI Mostra de Teatro de Malpica. A compañía compostelá presentará a obra “Pan. Catro propostas arredor da malla”. Teatro en Vimianzo Como cada domingo, o auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo acolle unha representación. Este domingo 15 de novembro, ás 20:00h toca a obra "Cometa, cometa", do Aturuxo de Melpómene. Unha obra para toda a familia. Música de violín e arpa en Cee Este sábado ás 20 horas a música será a protagonista da man do Dúo de Arpa Céltica e Violín. Música galega e irlandesa protagonizarán o concerto. Doble sesión en Mazaricos Para o venres 20 de novembro está programado un Guateque da mocidade, ás 19:00h na Casa de Cultura, con boa música e a mellor compañía. E para o domingo 22 de nobembro toca Concerto de Música Popular, ás 17:30 da tarde no Auditorio da Casa de Cultura, coa Charanga Vai de baile; e ás 19:00 da tarde O Baile dos maiores coa mellor música e a actuación do Grupo de Pandeiretas de Arcos. Exposición en Zas A exposición “Crónicas da represión lingüística”, que repasa os problemas ca lingua galega na época franquista, pasa pola Costa. En Zas, a inaaguración será este venres 13 de novembro ás 20:00h no Centro Sociocultural de Zas. Estará aberta ao público no Centro Social de Zas ata o 30 de novembro, de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas. Pola súa banda, en Malpica acolle a mesma exposición a partir do luns, e ata o día 30.
|