Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Como era a Costa no 1924?  Correo-e
viernes, 13 de noviembre do 2009

Image

Documentos gráficos sobre aquelas datas da Costa da Morte son difíciles de atopar a día de hoxe. Habería que recuperar o arquivo de Ramón Caamaño para disfrutar da nosa indiosincrasia.

Estes meses na Coruña temos a posibilidade de disfrutar dunha exposición fotográfica onde os protagonistas somos nós, ou máis ben, a nosa historia. Unha exposición realizada por unha estadounidense, que aló polo primeiro cuarto de século, adentrouse nas entrañas da Galicia profunda. Dende o seu obxectivo, lugares dende Tui, a Ribadeo pasando por Fisterra, foron cazados, e hoxe podémolos disfrutar na exposición da Fundación Caixa Galicia “Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano".

Unha exposición na que a Costa da Morte ten un protagonismo relevante. Ademais ben interesante xa que podemos ollar como nos fumos cargando os nosos tesouros etnográficos, dos que hoxe en día apenas quedan restos. As casas mariñeiras de Fisterra ou Muxía; os secadoiros de congros (só sobrevive un); as fábricas de salazón (reconvertidas en edificios de formigón)... e así unha infinidade de tesouros perdidos.

As escenas costumistas, que para nós serían habituais e evidentes, son captadas dende a allea visión da etnógrafa. Imaxes de mercados, escenas caseiras, vistas panorámicas... Un exemplo o temos nesta foto, onde atopamos ás leiteiras regresando a Carnota un 5 de novembro de 1924, nunha imaxe do arquivo da Hispani Society of America.

Datos da exposición

Pódese ver a exposición nas Salas de exposiciones da Sede Fundación Caixa Galicia na Coruña, nos Cantóns. A exposición estará aberta ata o 28 de febreiro do 2010 na sede da Fundación Caixa Galicia, situada nuns Cantóns algo cambiados.

Image 

Horario

  • De Luns a venres: 12:00h. a 14:00h. e 16:00h. a 21:00h.
  • Sábados, domingos e festivos: 12:00h. a 21:00 h.

Ademais hai visitas guiadas para público en xeral: luns, mércores e venres ás 18:30h.
Para grupos, concertar cita en el 981 185 060.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com