|
O recuncho da Costa (LXVII): O Cemiterio do Cabo Fisterra |
Correo-e
|
|
sábado, 14 de noviembre do 2009 |
|
 Poucas veces un cemiterio levantou tantas opinións. Para ben e para mal, pero o cemiterio de César Portela está en boca de todos. Un cemiterio baseado na idea da "arquitectura como a prolongación da paisaxe", que tentou ser o menos impactante no entorno, como explica o autor neste vídeo sobre o Cemiterio de Fisterra. Situado na ladeira este do Promontorio Nerium, o cemiterio pretende ofrecer ese descanso final de cara ao mar. Un descanso pensado para todos aqueles que viven do mar, pero que ao final, paradoxas da vida, son os máis críticos co proxecto.  De feito, dende a súa inauguración hai 10 anos, o cemiterio aínda non se estreou. O concello xa recibíu ducias de peticións para xacer no lugar, pero ningunha é do concello fisterrán. A meirande parte son dos peregrinos que chegan e valoran a marabilla que temos por territorio. A súa forma serpenteante subindo pola ladeira da montaña non é, habitualmente, tida en conta. Á xente da vila, ademais de parecerlle un lugar extremadamente frío, consideran a lonxanía e a incomodidade dos accesos como factores fundamentais para rexeitar o cemiterio. Con todo, non debe ser tan mal visto o arquitecto galego, en tanto é o responsable do Plan Monte do Cabo Fisterra. Como chegar Na estrada que sobe da Igrexa de Santa María das Areas ata o Cabo (que por certo segue sen ter pensada unha vía peantonal e de bicicletas malia que pasen semanalmente centos de peregrinos e veciños), 300 metros antes de chegar ao cabo, na última curva á esquerda, hai unha fonte e un apardoiro a man dereita. Podemos deixar aí o coche, cruzar e baixar unha pista que baixa polo monte. O cemiterio está a 50 metros. Un vídeo de Manuel Gago E a modo informativo, deixámosvos con este interesante vídeo do xornalista galego Manuel Gago: {youtube}v/GKEOQ6LwbUI&hl=en_US&fs=1&{youtube} Máis información Novas relacionadas Outros recunchos Vídeos de Francisco Santiago lópez Novas relacionadas Fonte - Redacción (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía da portada e a última son de Marcos Rodríguez.
|