|

Doble sesión cultural en Zas. Aínda que o tempo non acompañaba foron moitos os veciños que se achegaron ao Centro Sociocultural de Zas. Alí, celebrábase, en primeiro lugar a inauguración da exposición "Crónicas da represión lingüística", que estará ata o día 30 de novembro e poderá visitarse en horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00. Ademais tamén está no concello de Malpica. Para presentala acodiron o deputado de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande Muñíz, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, o tenente alcalde de Zas, José Mª Calo e o director de cine Xan Leira. Dende o concello informan que existe a posibilidade de visitas guiadas para grupos. Neste caso deben de poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas a través do teléfono 981 708 303. Concurso de relatos de terror
No mesmo acto tamén se entregaron os premios do Concurso de relatos de terror "Samaín 2009" que organizou o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas en colaboración cos Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do CEIP Labarta Pose de Baio, do CPI de Zas e do IES Maximino Romero Lema de Baio. Os premios consistiron nun cheque agasallo de 100€ para gastar en librarías do concello para as catro gañadoras dos primeiros premios e nunha memoria USB de 4Gb para os outros 82 participantes. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Zas.
|