Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A biblioteca de todos  Correo-e
martes, 17 de noviembre do 2009

Image

Aberta e tan aberta que está a biblioteca de Carnota e a súa exitosa Axencia de Lectura Municipal. Uns dos que xa disfrutan da Biblioteca, son os usuarios do Centro de Día, que pasaron o pasado mércores, 11 de novembro, pola Axencia, para participar nunha conversa en torno ás tradicións outonais do Samaín e do Magosto.

A actividade centrouse no significado destas celebracións, nas súas orixes e na súa presenza en diversas culturas na actualidade. Mais prestóuselle unha especial atención á realidade galega e ás experiencias persoais dos maiores asistentes.

Con este tipo de actuacións, dende a Axencia pretende "ofrecerlles aos nosos maiores alternativas que lles permitan ocupar o tempo de lecer dun xeito activo e mellorar a súa interacción social", como nos conta Luísa Beiro Agulleiro, responsable da Axencia.

Image 

Ampliación de horarios

Ante e éxito acadado, o Concello de Carnota amplía o horario da Axencia de Lectura Municipal, que ata este momento permanecía aberta unicamente en horario de mañá, de luns a venres.

Así pois, a partir do vindeiro 23 de novembro, a biblioteca funcionará de 08:30h-14:30h e de16:00h-20:00h, de luns a venres. Tamén estará aberta os sábados á mañá, de 10:00h a 14:00h, agás o primeiro sábado de cada mes, en que permanecerá pechada.

Novas actividades

Á par desta ampliación horaria, o Concello de Carnota pretende tamén mellorar os servizos bibliotecarios a través do deseño dunha programación estable de actividades de dinamización lectora.

Para comezar, o próximo 27 de novembro botará a andar o programa Venres Lúdicos, dirixido ao público infantil, no que se integrarán actividades de animación á lectura de diversa índole (obradoiros, sesións de contacontos...) que terán lugar na biblioteca, todos os venres a partir das 18:00h. O programa estréase cunha sesión de contacontos centrada na temática do magosto e baseada no libro Castañas con porco bravo, incluído na colección Os Pequenos Barbanzóns, da Editorial Toxosoutos.

A pretensión do Concello de Carnota é ir ampliando progresivamente a oferta de actividades e facela extensible a outros colectivos, co obxecto de achegar ao conxunto da poboación carnotá ao mundo do libro e da lectura dun xeito lúdico, mellorar os hábitos lectores da poboación e ofrecer un servizo máis completo ao conxunto da cidadanía.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota, da man de Luísa Beiro Agulleiro.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com