Xa se ven as primeiras consecuencias do nomeamento do dumbriés Quique Portela como Vicepresidente da Federación Galega de Piragüismo. Así, pasado sábado día 14 visitaron Dumbría os Presidentes das Federacións Española e Galega de Piragüismo. O Alcalde dumbriés, José Manuel Pequeño, e membros do club municipal de piragüismo acompañaron dita visita nun percorrido ao longo do río Xallas no seu paso por Dumbría, dende o embalse da Fervenza, Ponte Olveira, ST. Uxía, rematando na fervenza do Ézaro. Contrución dun circutio O motivo da visita é o interés do Concello de Dumbría xunto co club local na construción dun campo de slalom permanente no río Xallas ao seu paso por Ponte Olveira, lugar onde se realizan as competicións e adestramentos do piragüismo Dumbría. A día de hoxe, tan só hai en España dous campos de slalom, un situado en Zaragoza e outro o canal olímpico de Barcelona 92 situado na Seu D. Urgell. A construción desta instalación traeria beneficios seguros para toda a comarca. A presencia de equipos e seleccións Nacionais de augas bravas adestrarian no río Xallas boa parte do ano. Tamén se poderían organizar grandes eventos deportivos cama campeonatos Nacionais e mesmo do mundo. Datos dos presidentes Juán José Román Mangas Presidente da Federación Española, campeón do mundo e 4º nas olimpiadas de Barcelona 92 na modalidade k2. Alfredo Bea, Presidente da Federación Galega de Piragüismo, varias veces campión do mundo en varias modalidades e 4º nunhas olimpiadas en c2. O presidente da Federación Española destacou a calidade e potencial do río Xallas e se comprometeu a que en vindeiros días o mellor diseñador de campos de Slalom do mundo, Ramón Grañet, se instale en Dumbría para elaborar o proxecto para dita instalación. Máis información Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Dumbría.
|