Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O pobo decide a programación de Nadal en Malpica  Correo-e
miércoles, 18 de noviembre do 2009

Image

En Malpica é o pobo o que decide o programa de Nadal. Así, para preparalo 12 asociacións mantiveron o pasado luns día 16 de novembro, unha xuntanza con responsables do Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica.

Entre todos xa iniciaron os preparativos das vindeiras festas de Nadal que comezarán o vindeiro venres 18 de decembro coa visita do Carteiro Real ós diferentes colexios do Concello, os obradoiros de adornos de nadal e a decoración do arbol que se colocará na Praza Anselmo Villar Amigo.

A programación de nadal que se está a preparar conxuntamente coas entidades participantes e que se presentará a finais deste mes de novembro tamén incluirá festas infantís, tombolas, o programa Nadal Xogo, cabalgadas de reis nas diferentes parroquias, visitas de Papa Noel, proxeccións de cine nas parroquias e o programa Cine na Biblioteca entre outras actividades.

Implicación das asociacións

A programación do Nadal 2009-2010 caracterizarase por unha alta implicación das asociacións malpicáns na implementación das actividades a desenvolver para o que se espera a implicación de algunhas entidades máis que por diferentes motivos non puideron asistir a esta primeira xuntanza.

Deste xeito, non están todas as asociacións activas do concello, pero as 12 entidades participantes na xuntanza: son as seguintes: A.C. Malante (Malpica), AC Carcaxía (Seaia), ACD San Xulián (Seaia), ANPA do CEIP Milladoiro, Asociación de Mulleres Redeiras Artesás Mar da Illa (Malpica), ACD San Martiño de Cambre (Cambre), ACD A Xunca da Virxe do Carme de Barizo, Asociación Veciñal Sociocultural O Río dos Pios (Mens), Asociación de Apoio a 3º Idade Os Paxariños, A.C. Tralla (Malpica), ANPA do CEIP Xaquín Rodríguez Otero de Buño e Asociación de Veciños Pobo Alfareiro (Buño).

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com