|
A vila de Malpica ten doble cita cultural esta fin de semana. O Cabaré de PistaCatro Achégase a terceira entrega da VI Mostra de Teatro do Concello de Malpica. Será o venres, día 20 ás 20.30 horas a compañía PistaCatro subirase ao escenario do Auditorio do Centro Cívico para ofrecer ao público “Cabaret”, unha compilación dos seus éxitos reunida nunha única obra. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué. Ofrécese así ó público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado. Cea das Letras 2009 O para o sábado 21 de novembro queda a resolución dos premios do IV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. A cita será o sábado 21 de novembro, ás 22.00h, na chamada “Cea das Letras”, que organiza, o Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración coa Asociación Cultural Caldeirón. Nesta ocasión celebrarase na Casa de Turismo Rural Casa Arpón, onde a partir das 22 horas terá lugar a presentación da obra “Xoguetes Póstumos” da escritora Emma Pedreira, gañadora do III Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, e da obra “Alentar na túa Rosa” do escritor Paco Souto, accésit. Acto seguido resolveranse os galardóns da edición 2009 deste certame poético. Este ano a “Cea das Letras” contará coa presencia do Alcalde de Malpica D. José Ramón Varela Rey, a Concelleira de Cultura, Educación, Xuventude e Deportes Dna. María Dolores Fariña Pérez, representantes da Asociación Cultural Caldeirón, os escritores/as gañadores da pasada edición e os participantes na presente edición. A Cea da Letras está aberta á participación de todos/as os/as interesados/as para o cal tan só se precisa reservar praza no Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica en horario de 9.00 h a 14.00 h de luns a venres (Tel.: 981 707104). Novas relacionadas Fonte
|