|
O Bar Praia do Ézaro afiánzase como referente musical a base de concertos |
Correo-e
|
|
jueves, 19 de noviembre do 2009 |
|
Un dos bares que pretende convertirse nunha referencia musical na Costa propón unha nova cita para esta fin de semana. Dende Noia chegan Super Sound, grupo de indie e pop alternativo moi metido no panorama musical da "música ghallegha daghora", que dirían na radiONeria. O concerto será este venres 20 de novembro, a partir das 22:15h no bar Praia do Ézaro, no centro da vila dumbriesa. Nesta ocasión voltan os seus comezos como dúo, acompañados de bases pregrabadas por eles mesmos. Esperan tocarnos parte do seu repertorio e tamén algúns clásicos como dos Beatles en compaña dos músicos da zona que se queiran unir a eles. Aí quedamos cun vídeo dos Super Sound:
Máis citas Este é só o primeiro concerto xa que o sábado 28 estaran en Dumbría o grupo de rock NOC dende a Coruña e máis grupos durante o mes de decembro. Mais información
|