Concerto de Super Sound no Ézaro Este venres 20 de novembro, a partir das 22:15h no bar Praia do Ézaro, no centro da vila dumbriesa, actuará o grupo noiés Super Sound. Unha banda con tonos indie, que alternarán temas propios con versións dos Beatles. Animan ademais aos músicos da Costa a unirse á jam session. Doble sesión en Mazaricos Para o venres 20 de novembro está programado un Guateque da mocidade, ás 19:00h na Casa de Cultura, con boa música e a mellor compañía. E para o domingo 22 de nobembro toca Concerto de Música Popular, ás 17:30 da tarde no Auditorio da Casa de Cultura, coa Charanga Vai de baile; e ás 19:00 da tarde O Baile dos maiores coa mellor música e a actuación do Grupo de Pandeiretas de Arcos. I Encontros de Corais Costa da Morte Este sábado 21 de novembro, terá lugar o I Encontro de Corais da Costa da Morte, que organiza a Asociación Neria e que se celebrará no Auditorio de Corcubión, será ás 20:00 horas. Partiparán a Coral Xan Mella de Baio, Coral de Mulleres de Camariñas, Coral de Cesullas, Coral Virxe da Barca de Muxía, Coral polifónica Neria e Coral brisas do mar de Corme. Cea das Letras O para o sábado 21 de novembro queda a resolución dos premios do IV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. A cita será o sábado 21 de novembro, ás 22.00h, na chamada “Cea das Letras”, que organiza, o Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración coa Asociación Cultural Caldeirón. Teatro en Malpica Co gallo da VI Mostra de Teatro do Concello de Malpica. este venres, día 20 ás 20.30 horas actuará a compañía PistaCatro subirase ao escenario do Auditorio do Centro Cívico para ofrecer ao público “Cabaret”, unha compilación dos seus éxitos reunida nunha única obra. Teatro en Dumbría Este sábado, 21 novembro, no ciclo "Vén ao teatro", ás 18.00h., a Casa da Cultura de Olveira acolle a obra de Taía Teatro "Menos Lobos". Teatro en Vimianzo O domingo 22 o Programa Cultural de Vimianzo trae á compañía Teatro de Cámara Ditea, que representará ás 20:00h no Auditorio da Casa da Cultura vimianvesa a obra "Aquí cheira a morto". Teatro en Ponteceso O sábado 21 estará na Casa dos Veciños do Couto, ás 22:30h, Lambríaca Teatro, coa obra "Chicho e a Santa Compaña". Teatro en Laxe O sábado 21, ás 18 horas, continúase coa MOTA (Mostra de Outono de Teatro Afeccionado), esta vez da man do grupo Metátese coa Obra Nós. Concerto de Santa Cecilia en Laxe O domingo día 22, ás 18:30 horas se celebrará o tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patrona da música cunha actuación a cargo de Music-Walk, espectáculo que combina, a música de piano e a danza, con aires dos anos oitenta. Música de Mozart en Cee Este sábado 21 de novembro ás 20.00 horas no Salón de Actos do Concello de Cee terá lugar un concerto monográfico de Mozart con arranxos modernos, por parte de Modern Mozart. O cuarteto de piano, batería, clarinete/saxo e frauta travesera fará un repaso ás obras coñecidas da autoría do xenio vienés do século XVIII. O propósito deste grupo é o de homenaxear ao creador da Frauta Máxica, envolvendo as súas melodías inesquecibles nun ritmo, harmonía, estilo e son de actualidade. Homenaxe ao párroco de Canduas Este domingo 22 de novembro, dentro do programa Outono do Patrimonio, no Auditorio Municipal de Cabana de Bergantiños, o homenaxeado será párroco de Canduas, don Antonio Méndez Farto. Muxíá conta mentiras Este sábado 21 teatro: “CONTANDO MENTIRAS”, da Escola de Teatro de Sillobre, Ás 20:00h horas. Sal. do Voluntariado. Caldeirada Surf en Malpica Esta fin de semana do 21 e 22 de novembro terá lugar a 3ª Proba Circuíto Galego de Surf e Longboard Open. Será o chamado I Open Caldeirada Surf de Malpica. A praia maior de Malpica será a protagonista neste evento organizado por Silfocamps, coa colaboración da Federación Galega de Surf e o Concello de Malpica. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|