Luns, 06 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Piratas a bordo  Correo-e
viernes, 20 de noviembre do 2009

Dándolle voltas o caso do “Alakrana”, o atuneiro vasco con parte da tripulación galega que pasou 46 días en mans de piratas Somalís, pasoume que non entendo nada, ou aló menos, cada vez entendo de maneira distinta todo isto do libre mercado, oferta e demanda e demais. 

Porque para quen pense que aquí falamos doutra cousa que saiba que esta equivocado. ¿De que tamaño son os beneficios que pode obter alguén dunha pesquería cando esta se ten que realizar en condicións tan perigosas e lamentables?. E dicir, si a min o meu traballo me puidese custar a vida seguro que necesitaría un soldo acorde as características do risco. Ou saltándonos o mesmo obreiro, principal protagonista do perigo ¿que empresario pon en risco barcos e facenda en prol de que beneficio?. Porque esta vez foron 2,3 millóns de euros de rescate, ó parecer, pero ¿e si falecera algún mariñeiro?. As indemnizacións, seguros e demais cifrarían de xeito astronómica... porque esta vez pagamos todos ¿non o sabían?. O Armador ¿canto pagou do rescate?. Eu non o sei pero, coma sempre, neste pais nos vai a marcha e a cousa derivou de xeito inmediato pola vía da bronca política, que enche mais telediarios e da mais xogo nas tertulias.

Así que, dado que se pagou cos meus cartos e os de todos o rescate ¿podo ou non dar a miña opinión?. Eu penso que eu ou calquera pode preguntarse, coma tantas veces ¿e cando quen estea en risco sexa eu, ou os meus, noutra actividade con menor repercusión mediática?, ¿e si o que esta en risco non é a miña vida a curto prazo, senón o meu benestar a medio ou longo?. Falase nos xornais e nas televisións de dedicar recursos militares a defender a posibilidade de traballar naquelas augas da industria do atún. No mesmo parlamento se debate xa si dotar de ese instrumento, infantes de mariña, armamento a bordo, etc... a defensa dunha pesquería condenada, por causas naturais, a desaparecer nun prazo non mais aló dos dez anos si se permanece nos actuais ratios de captura. ¿Para que tanto esforzo?, ¿É que se obtén tanto beneficio?. E si é así ¿porque nos, que pagámolo rescate, non vemos un peso deses beneficios? 

Como tantas veces as miñas preguntas viran ó redor do carto pero, deixando a un lado o fácil que é manipular a unha opinión publica cando quen fala é unha vítima ou un familiar dunha desas vítimas (ou a muller dun mariñeiro secuestrado), o certo é que todo isto non existe máis por unha pura cuestión financeira. Xa o digo eu, si non se recollesen beneficios extraordinarios da pesquería do atún no Indico ninguén iria a pescalo. E si eses beneficios non foran asombrosos a ollos dun neófito na materia ninguén o pescaría acuciado por piratas e con risco de morte. Nin máis nin menos. 

Por sorte ou pola boa man diplomática do goberno, ou porque si, non o sei, a cousa saíu relativamente ben e os mais indefensos e os menos agraciados polo beneficios da pesquería, os mariñeiros, safaron e volta na casa. Pero, a día de hoxe, non vimos nin unha soa toma do armador, nin da súa casa, nin da marca do seu coche nin do tamaño da súa conta corrente. De feito, sabemos máis dos piratas, sobre todo dos dous detidos en España, que da armadora do barco secuestrado. Curioso...

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

     
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com