|
Laxe espera un monumento aos desaparecidos do mar e aos seus familiares |
Correo-e
|
|
viernes, 20 de noviembre do 2009 |
|

A relación das xentes de Laxe co mar e coa morte é máis que impactante. Xa o podemos disfrutar no documental Os soños do mar, realizado pola produtora Mandeo Records. O concello quere render a súa homenaxe aos desaparecidos do mar, e está a preparar unha obra escultórica da artista Iria Rodríguez Martínez. A obra chámase “A Espera” e vaise materializar moi pronto na zona do faro de Laxe. É unha peza pensada en exclusiva para o Concello de Laxe de acordo coa necesidade de homenaxear ós que deixaron a vida no mar, para que o seu recordo e do seu heroico esforzo por sacar a diante a vila mariñeira non se esqueza xamais. Esta obra nace pensada para integrarse en harmonía co entorno do faro. O material escollido para a obra é o bronce fundido. A obra é unha homenaxe non só os mortos no mar senón tamén os seus familiares que viviron o triste suceso coa alma desfeita. Así a peza amosa a unha maternidade, unha muller que se achega ó faro para buscar desesperadamente tra-la ráfaga de luz un sinal de que o barco que espera volverá; unha muller que sae contra o vento das rochas co seu fillo no colo que espera eternamente unha chegada que nunca ocorreu, chea de dor pero de forza contra os elementos, resistindo o paso do tempo na eterna espera, do mesmo xeito que as familias superaron con forza e valentía tan dura realidade. Novas relacionadas Fonte
|