Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Este morto está moi vivo  Correo-e
lunes, 23 de noviembre do 2009

Image

Como se dunha comedia oitentera norteamericana se tratase, a Costa da Morte ten ás veces as súas historias truculentas. E para exemplo a que vivíu a comarca de Fisterra ao longo da fin de semana onde os bares tiveron conversación abonda para pasar un rato simpático.

Unha historia de herencias

Como non podia ser doutro xeito, a fío condutor desta historia é unha herencia, con fillo ilexítimo e todo... O Cemiterio de Toba, en Cee, é o lugar dos feitos. O caso é que un fillo non recoñecido do corcubionés Crisanto López, quería a súa parte da herencia. Unha herencia cuantiosa, dun empresario da madera que fixo do porto de Corcubión un dos máis movidos do país.

Pero para que lle tocase unha parte da herencia, era necesaria unha exhumación para proceder á proba de ADN. Un resultado positivo determinaría uqe as 3 fillas recoñecidas tivesen que compartir o patrimonio.

Expedición de ehumación

Alí chegaba o equipo de forenses, abogados e implicado para sacar o corpo do nicho. Pero, para sorpresa de todos, non había nin ataúde. A familia, sen saber moi ben que facer, denunciou a desaparición

A batería de historias que saíron na zona arredor de como puido desaparecer o cadáver é enorme. Apuntan que había un "butrón", un buraco no cemento, na parte frontal, pois pola parte de atrás é imposible retirar o corpo.

Hai mesmo quen se imaxina nunha dura noite de pedra, un par de ladróns de corpos, da Costa, turrando de arriba para abaixo no misterioso lugar de Toba. Xa están tomando nota os Suso Lista e Omar Rabuñal para ese serial "Para mariñeiros nós".

Para que logo digan que na comarca non pasan cousas estrañas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com