|
Como vimos contando, onte foi 25 de novembro de 2009, Día Internacional da non Violencia contra a Muller, E por segundo ano consecutivo, o concello de Cee decidíu realizar o II Concurso de carteis contra a Violencia de Xénero 2009, que o ano pasado daba a palabra á muller. Onte foron entregados, da man da Vicealcaldesa de Cee e delegada de Benestar Social, Amancia Trillo. O Xurado, que estaba composto por Carmen Rodiño, Rocío Hermida, Concepción Millán e Amancia Trillo, tivo que deciri entre os seguintes lemas: - "Amor sen amor non é amor, é medo".
- "Eu falo por min... e ti? Fala..."
- "O teu silencio: a túa condena".
- "Malos + tratos = malostratos".
- "Porta o maltrato".
De este xeito o equipo do xurado valorou criterios como a orixinalidade, a calidade e a capacidade informativa. Había que decirise e o fixo da seguinte maneira: 1º Premio: Slogan: Malos + tratos = Malostratos. Autora: Raquel Prieto Tomé.  2º Premio: Slogan: O teu silencio, a túa condena. Autor: Carlos Miguel Guatti Soto. {mosiimage} 3º Premio: Slogan: Amor sen amor non é amor, é medo: Autora: Ainhoa Conde Castro. 
Así, Amancia Trillo entregou os premios aos galardoados. Novas relacionadas Fonte
|