|
Non cabe dúbida de que a historia deste curso na Costa é a de Don Crisanto. Televisións de todo o estado (como os 20 minutos) achéganse estes días ata Toba para cerciorar a desaparición do cadáver. Alí falaron con varios veciños e parte dos afectados. A familia, polo de agora non quere facer manifestacións. O fillo non recoñecido Manuel Enrique Caamaño, ten claro que non foron as súas irmáis, e fala, co nome no subtítulo, pero de costas á cámara. Con todo, Caamaño entende que o qu emoveu o cadaleito ten que ser alguén interesando en que non se faga a proba do ADN. O Concello segue consternado. A situación é debatida en cada café da comarca fisterrá, en tanto que en moitos bares coñecían a Crisanto e máis a Manuel Enrique. Varios son os bares da zona que recoñecen que ambos se trataban de "pai e fillo", i é que o seu grande parecido físico facíao practicamente evidente. Pero unhas das declaracións máis sorprendentes foi a do cura de Toba ás cámaras, apuntando que o corpo podería estar xa non só no mesmo cemiterio, senón que ata no mesmo panteón. Buscando "silicona fresca" Asemella un título dunha película de delicada honradez, pero a realidade é que unha das probas que estás estudiando os investigadores é a silicona dos nichos. Sen ir máis lonxe, unha das cuestións que se concluíu o primeiro día foi que o cadaleito foi extraído pouco tempo antes do día do intento de exhumación porque "a silicona estaba aínda fresca". A pena polo delito de profanación de cadáver ronda os 4 anos. Entrementres continúa o litixio entre Enrique e as irmás pola herencia. Unha problemática, que segundo o abogado deste, ten moito que ver coa desaparición. De todas a todas, intentaremos seguir a pista de Don Crisanto. Novas relacionadas Fontes e máis información
|