|
O Concello de Laxe ponse o mono de traballo para estes meses de crise. E vai organizar varios obradoiros para a mocidade. As primeiras que coñecemos son actividades que se van desenvolver durante estes días no C.P.I. Cabo de Area, e que están organizadas pola técnica de Intervención Familiar do Concello de Laxe. Trátase dun "Obradoiro de resolución de conflitos", enficado aos alumnos de primaria e secundaria do colexio laxense. Tamén se organiza o "Obradoiro sobre nutrición, actividade física e prevención da obesidade", xa pensada para alumnos de primeiro da ESO. E a última sesión do colexio é un Contacontos sobre nutrición e hixiene, que vai dirixido a
alumnos de educación infantil e primeiro ciclo de primaria. Obradoiro de Superviviencia para xente nova Xa puidemos ver aos mozos de Dumbría e os de Cee (na foto) aprendendo na cociña para olvidar o tapper de mamá. Pois a vindeira semana, os martes 1 e mércores 2 de decembro de 2009 de 10:00 a 13:00 h no Centro Social de Traba desenvolverase este obradoiro de 6 horas, coa intención de aprender habilidades nas tarefas do fogar cunha intención decididamente igualitaria A corresponsabilidade doméstica e unha superación dos roles de xénero no fogar común. Consite en que entre os homes e mulleres non haxa una división funcional do traballo en función do xénero, se non que ambos se responsabilicen por igual das tarefas necesarias nun lugar común. Partindo destas premisas, con este obradoiro se pretende comezar a concienciar a xente nova sobre os aspectos que se mencionan nos obxetivos do Obradoiro a través de dinámicas prácticas que os acheguen a tarefas a compartir no fogar, tanto en casa con os pais, independizados con parellas o campañeiros/as, etc . Obradoiro de sostenibilidade e aforro en tempos de crise Este curse será impartido o luns 14 de decembro de 2009 de 9:00 a 13:00 h na Sala de Sesións do Concello de Laxe. A idea está clara, aforrar en tempos de crise. Pero aforrar en todos os sentidos, non só no que atinxe ao peto. A metodoloxía a utilizar no Obradoiro combinará os aspectos teóricos cos prácticos mediante dinámicas que permitan as participantes un coñecemento máis axeitado dos contidos. Novas relacionadas Fonte
|