Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Aeroplanos aterra en Malpica  Correo-e
jueves, 26 de noviembre do 2009

Image

Continúa a IV Mostra de Teatro de Malpica. Este venres día 27 de novembro será a importante compañía Lagarta Lagarta a que represente a obra "Aeroplanos". Unha obra sinxela pero tremenadamente emotiva, con dous grandes do panorama cultural galego: con Ernesto Chao e Manuel Olveira (Pico).

Aeroplanos é ante todo unha comedia, pero unha gran comedia. Carlos Gorostiza, o creador, está considerado como o autor teatral arxentino máis importante do último século, e Aeroplanos, un dos seus últimos textos, como unha das súas mellores obras.

Sinopse

Dous homes, amigos dende a infancia, quedan viuvos cunha diferenza moi curta no tempo. A partir dese momento a súa amizade vese reforzada chegando a ser imprencindible o un para o outro. Pero como en todo bo “matrimonio” as diferenzas de opinión e as discusións son constantes. As pelexas, o amor, a lealdade, a xenerosidade, o compañeirismo, os risos e as bágoas forman parte desta relación que consegue momentos hilarantes pero tamén cheos dunha grande tenrura e emoción.

Segue aberta a exposición

Esta fin de semana ademais aínda está aberta a exposición Crónicas da Represión da Lingua, que pretende recuperar as vivencias das persoas que viviron os tráxicos sucesos do levantamento fascista.

A exposición está aberta igualmente no Centro Sociocultural de Zas.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com