|

Se toda a Costa non soubese como sabe a rivalidade que existe entre Muros e Esteiro é case atroz, coma tantas outras que se dan na nosa querida bisbarra tan apaixonada e dada a localismos, comezarían a saltar moi facilmente as suspicacias sobre o que o pasado Sábado aconteceu nun Miraflores que acollía ao Esteiro como local. É curioso que un árbitro suspenda un partido porque un dos contendentes non se dedique a xogar ao fútbol senón a agredir aos contrarios. Se un ceense malintencionado se puxese a atar cabos podería pensar que os seus rivais da semana pasada lle quixeron devolver o favor ao Muros de cederlles o campo a cambio de mermar ao Cee, que se enfrontan esta semana aos de Bibi no duelo polo liderato, mediante métodos que raian o antirregulamentario. Evidentemente estou divagando e non serei eu o que lance acusacións dunha gravidade tal sen probas nin quero que se cree unha opinión negativa en contra destes equipos polas miñas palabras, só transmito unha opinión en forma de queixa que chegou aos meus oídos como o faría se alguén de Muros se queixase porque semellase que o Fisterra puidese querer beneficiar ao Cee con prácticas dese tipo, por poñer un caso de rivalidade similar que se puidera dar. A explicación que daría eu ao conflito suscitado sen saber máis do tema é que o partido se quentou por esas cousas que pasan sempre nos campos: vellas rencillas, entradas a comezo do partido que non gustan, etc. e non se soubo parar de bo xeito. Tamén deixaremos outra cousa clara, é moi lóxico pensar que a pesar da rivalidade o Esteiro queira que o Muros gañe a liga antes que o Cee, todo o mundo preferiría que amigos seus gañasen a liga antes que uns descoñecidos ou equipos cos que tiveron rivalidade a veces insá, por motivos obvios e que non se lle escapan a ninguén. No resto da xornada poucas sorpresas, gañaron os favoritos aínda que de xeito ben diferente: mentres o Dumbría levaba o partido con moita solvencia o Santa Comba sufría para levar os tres puntos do Cunchido ante un rocoso Outes que cada día xoga mellor. Pasouno mal tamén o Corcubión para gañar no impracticable Ara Solis ata o punto de que viron que en mais dun momento o partido se lles escapaba. Aos que non se lles escapa nada é ao Muros, que gañaron o derbi co Monte Louro e chegan ao partido co Cee imparables. Sen dúbida este fin de semana aos futboleiros da zona recomendolles que vexan o Barça-Madrid pero que se pasen polo Cee-Muros que seguro que será un partido que non esquecerán con facilidade. Crónicas das Ligas Xuvenil Análise das Ligas Xuvenís Novas relacionadas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
)
|