Concerto no Praia do Ézaro Este sábado 28 estarán no bar Praia do Ézaro, na localidade dumbriesa, o grupo de rock NOC, chegados dende A Coruña. Pandeiretada Solidaria Aínda queda unha actividade co gallo do Día. A cita terá lugar o sábado 28 na Casa da Cultura de Corcubión e será unha "Pandeiretada Contra a Violencia de Xénero" ás 19.00 horas, e ten prevista a duración dunha hora. Xuntaranse tres grupos de pandereteiras da zona, concretamente de Brens (Pandereteiras da A.D.C. Brens), Corcubión ("Nova Buxaina") e as anfitrionas de tal evento, as pandereteiras da Universidade Popular de Corcubión "Millo Verde. Exposición en Camariñas A inauguración da Exposición fotográfica e a entrega de premios do II Maratón Fotográfico “Implícate” de Camariñas que terá lugar este sábado día 28 de novembro as 11:00 da mañá no Local da Marina en Camariñas. Neste acto, e coincidindo coa semana do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, tamén terá lugar na “Casa de Pedra” unha representación teatral dun monólogo en contra dos malos tratos interpretada pola compañía “DEQUENQUEN”. Ralli Fotográico Por fin chega o día do Ralli Fotográfico da Costa da Morte. 50 intrépidos e as súas respectivas cámaras partirán de Baio o sábado ás 8:30h da mañá para percorrer as mellores paraxes de Camariñas, Carnota e Fisterra. Música infantil en Cee A última cita co Outono Cultural será o sábado 28 de novembro no Salón de Actos do Concello de Cee, ás 20.00 h. e con entrada libre. E teremos a posibilidade de disfrutar dun Concerto e proxeción audiovisual no espectáculo “Músicas do cine infantil”. Teatro en Ponteceso A simpática comedia de San&San, "Bar", será a representada o 28 de novembro ás 22:30h. Teatro en Malpica Continúa a IV Mostra de Teatro de Malpica. Este venres día 27 de novembro será a importante compañía Lagarta Lagarta a que represente a obra "Aeroplanos". Unha obra sinxela pero tremenadamente emotiva, con dous grandes do panorama cultural galego: con Ernesto Chao e Manuel Olveira (Pico). Teatro en Dumbría O domingo, 29 novembro, ás 19.00h no Ézaro: Talía Teatro con "Valentino Ruffini e Akil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can)" (á dereita vemos a Diego Rey e Dani Trillo). Teatro en Vimianzo Como cada domingo, desta volta ás 18:30h no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, "Os tres porquiños", de Teatro del Andamio. Baile de Maiores en Mazaricos O Baile dos maiores será o domingo 29 ás 20:00 da tarde na Casa de Cultura, coa mellor música e a actuación do Grupo de Pandeiretas de Arcos. Homenaxe a Jesús María Barrientos en Muxía A inauguración dunha área recreativa que levará o nome do ex alcalde muxián Jesús María Barrientos. A cita será este sábado, 28 de novembro, ás 12:00 horas. O acto será en Viseo, xa que alí se inaugurará a area recreativa que levará o nome de Barrientos Antelo e descubrirase unha placa conmemorativa do evento. Presentación do libro de Antonio J. Balboa Salón do Voluntariado muxián acollerá a presentación do libro “De las tinieblas a la luz”, do escritor muxián Antonio J. Balboa. A presentación será o domingo 29 de novembro ás 12:30h, e ademais do escritor, tamén participará o Directo de La Voz de Galicia Xosé Luis Vilela. Presentación do libro de Rafael Lema Crónicas Corsarias, a novela histórica de piratas de Rafael Lema, será será presentada o venres día 27 de novembro, ás 20:00h da tarde na librería Ler de Ponte do Porto. Magosto en Carnés A Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo organiza un magosto o día 29 de novembro as 18:00 horas no Centro Cultural de Carnés. A Asociación convida a tódolos veciños e veciñas a participar nesta xornada e encontro interxeracional na que haberá xogos populares, e para os máis cativos teremos obradoiro de maquillaxe e globoflexia. Na celebración poderán degustar as populares castañas gratuitamente, neste caso asadas e acompañadas de viño. Para alegrar a festa, o acto estará amenizado polas pandereteiras da asociación. Dende a escola de pandeireta e recolleita de tradición oral da asociación levan meses recuperando cancións populares así como fotografías que recordan a memoria da nosa parroquia de Carnés e queren aproveitar para animar a veciñanza a que participe no proxecto de CARNÉS NA MEMORIA. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|