|
O vindeiro domingo 6 de decembro, celebrarase o 6º aniversario do Centro Comercial Finisterrae. Haberá un pouco de todo, cunha programación mais repartida ao longo do día. Ademais dos tradicionais pinchos e viños ás 20:00h da tarde, unha charanga amenizará desde a mañá os corredores e a terraza do Centro. Programa Sobre as 16:30h comezará unha festa infantil con xogos, bailes, concursos e globoflexia que durará dúas horas aproximadamente. Xa ás 19:00h da tarde actuará o grupo de Folk revelación deste ano no Festival de Ortigueira Tiruleque, procedentes da Coruña. Ademais, xa se comezaron a repartir as rifas para o sorteo das tradicionais 25 Cestas do Nadal que se celebrará ao día 24 de Decembro nunha festa dedicada aos nenos onde nos visitará Papa Noel. Durante toda a campaña haberá actividades para os nenos, ambientación e decoración do Nadal, invitando a todas as tendas a que se somen decorando os seus escaparates, e tamén campaña especial en prensa e radio. Os Reis Magos A campaña do Nadal culminará coa visita dos Reis Meigos o 5 de xaneiro para recoller as cartas da Caixa de correos Real que instalaremos e para facerse fotos cos nenos que se acheguen a pedir os seus agasallos. Máis información Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Centro Comercial Finisterrae.
|