|
Un magosto en homenaxe aos bosques perdidos |
Correo-e
|
|
sábado, 28 de noviembre do 2009 |
|

Acollía a pasada fin de semana o Centro Cultural e Recreativo de Fisterra "Casino" o Magosto da familia fisterrá. Un magosto que se levou a cabo malia das inclemencias do tempo. Pero é que como din por Fisterra "que mellor que degustar unhas castañas ben quentiñas co frío e a auga que caía". Así cumpriron cun deses rituais tradicionais que nesta época do ano non pode faltar en cada vila. Fan unha reflexión interesante en Fisterra e ollan atrás ás raíces inmemoriais nas que celebraba o magosto. Tempos nos que os nosos montes estaban poboados polas árbores autóctonas desta terra que en gran parte foron erradicados en favor da celulosa ou a explotación de árbores de crecemento rápido, olvidando os de madeiras nobres como a dos castiñeiros ou os carballos. Así, en Fisterra celebraron a festa da castaña á vez que choramos a ausencia de nuestos bosques atlánticos e autóctonos. 

Festa baile de outono Para o vindeiro 28 de novembro, ás 22:30h, o centro acollerá unha sesión musical con "Vicente". Hai que inscribirse cunha colaboración de 5,00 €. E para decembro, excursión a León. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da man de José Fernando Carrilo Ugarte, Secretario del C.C.R de Fisterra "Casino" de Fisterra.
|