Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O recuncho da Costa (LXVIII): Os eólicos de Miñóns  Correo-e
sábado, 28 de noviembre do 2009

Image

Non os traemos pola súa beleza particular, Mais chegan a esta sección ta querida polos lectores polas súas vistas. Os eólicos dumbrieses, situados no cumio do monte que sobe dende a cara oeste da ría de Corcubión, ofrecen unha anorámica estupenda da ría, incluíndo eses dous simbólicos cabos, como son o Cabo C, en primeira instancia, e o de Fisterra, alá no fondo.

Parécenos particularmente simbólica e representativa da Costa da Morte esa silueta que nos regala o Promontorio Nerium. Unha desas imaxes que quedan para o recordo de todos os visitantes que se achegan a Costa. Por detrás, podemos ver de preto os o parque eólico, que devólvenos a outra das sensacións que nos evoca este lugar. O xirar, bruar, continuo dos viraventos fai un estrondo que mete medo, ou cando menos, unha tensión curiosa.

Image 

Cómo chegar

Partindo de Brens temos que coller a estrada que sobe á fábrica de Dumbría. Logo dun intre, pasado Vilar de Paraíso, colles desvío á dereita por Martin (que che queda primeiro) ou por Casanova (que ten unha igrexa moi chula) un pouco máis adiante. Segues ata Miñóns e alí vas pola estrada que está á esquerda, a que vai cara ao monte. Ao final atopas o parque eólico con esas vistas impresionantes.

Outros recunchos

Vídeos de Francisco Santiago lópez

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía de Irene García Patiño.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com