Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG apúntase ao porto de Sardiñeiro  Correo-e
lunes, 30 de noviembre do 2009

Image

Unha das demandas máis míticas da Costa é a que os veciños de Sardiñeiro veñen facendo dende hai anos. É o PP o que nos últimos anos loitou polo porto na vila fisterrá. Prometeran durante a campaña que se o seu partido gañaba as autonómicas o porto sería unha realidade, e polo que sinala o P^P comarcal, parece que será.

Esto non semella estar tan claro. Hoxe é o BNG, que estivo 4 anos no poder, o que denuncia que “a pesar de ser unha promesa eleitoral do Partito Popular, nos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2010 non figura nin un só euro”. Así, os deputados do BNG, Carlos Aymerich e Bieito Lobeira, veñen de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego na que esixen a construción.

A petición chega logo da última sesión de saneamento que se desenvolveu na vila, na que participaron ambos deputados. Ademais de esixir a semana pasada o saneamento da vila, ao tempo que o alcalde aprobaba unha partida de 1 millón de euros, hoxe volven co porto fisterrán. Os parlamentarios do Bloque defenden que “a parroquia de Sardiñeiro precisa dunhas instalacións portuarias dignas que permitan que as embarcacións pesqueiras que operan desde ese lugar o poidan facer en condicións de seguranza aceptábeis, para eles e msmo para os seus tripulantes”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ):
  • Nota de prensa do Gabinete de Prensa do BNG.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com