Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Reciclando xoguetes para os máis desfavorecidos  Correo-e
lunes, 30 de noviembre do 2009

Image

Aproveitando, por un lado tempo de Nadal e por outro estes momentos de crise económica que sempre imflúen con maior dureza ás persoas cun nivel socioeconómico máis precario, dende o Concello de Laxe, lanza a campaña de Recollida de xoguetes chamada "Xogamos? xogar é un dereito, non un privilexio". Doble boa idea a de Laxe, que fomenta a solidariedade e a reciclaxe.

Pois, aínda que todos os nenos e nenas teñen dereito a xogar, non todos teñen acceso a xoguetes nestas datas. Esa é a filosofía que leva ao Concello de Laxe este ano a comezar esta campaña de recollida de xoguetes, sendo conscientes de que nas nosas casas moitas veces temos xoguetes que xa non son utilizados polos nosos fillos e fillas. Así, nunha época de gran consumismo, podemos formar aos nenos e nenas na cultura de non malgastar, e ao mesmo tempo, concienciarnos nós, os adultos sobre o beneficio de reutilizar os recursos.

Á hora de colaborar nesta iniciativa, dende a concellería de Cultura de Laxe propoñen que sexan os nenos e nenas os que escollan o xoguete que queren regalar e acompañen aos pais e nais á súa entrega, pois entregar un xoguete non consiste en dar caridade, baleirar armarios ou reciclar argalladas que molestan na casa, trátase de poñer un pouco de xustiza e ofrecer solidariedade e xenerosidade gratuíta.

Consellos para entregar un xoguete

  • O Concello de Laxe recollerá xoguetes e libros usados ou esquecidos que estean en bo estado, ou material escolar, para darlles mellor destino que o caldeiro do lixo ou o faiado.
  • Non eléctricos. Evitar, na medida do posible, doar xoguetes eléctricos, pois é probable que os seus destinatarios non poidan volver a xogar con eles unha vez se acaben as pilas.
  • Educativo: Debe potenciar as capacidades do neno e nena. Un xoguete constitúe unha ferramenta de desenvolvemento básica da intelixencia e sensibilidade dos máis pequenos.

Como entregar os xoguetes?

Os puntos de recollida do Concello de Laxe, van a estar situados en:

  • Na casa do Concello;
  • No C.P.I. Cabo da Area;
  • Na Escola Unitaria de A Torre;
  • Na Escola Unitaria de Traba;
  • Na Carpa do Concello o día da Cabalgata de Reis;

Máís detalles

  • Durante o mes de decembro e ata o 5 de xaneiro, poderanse depositar os xoguetes nos puntos de recollida.
  • Convén entregar os xoguetes sen envolver, xa que teñen que ser clasificados por idades antes de ser empaquetados.
  • Ás veces, cométese o erro de entregar xoguetes para idades entre os 4 e os 10 anos, sen embargo dende as organizacións que reparten os xoguetes insisten na necesidade de contemplar dende os bebés ata rapaces e rapazas de ata 16 anos.

Como chegan os xoguetes aos nenos e nenas?

Unha vez rematada a campaña de recollida de xoguetes, o Concello de Laxe entregaralle os xoguetes á ONGD Ecodesarrollo Gaia, onde os voluntarios seleccionarán os xoguetes que aínda se poden utilizar e os clasificarán por idades. Unha vez clasificados comeza a entrega.

Ecodesarrollo Gaia é unha organización non gobernamental para o desenvolvemento sostible nada en 1992 ao amparo da Conferencia das Nacións Unidas. Leva a cabo un amplo traballo con  Inmigrantes e Ecorefuxiados/as de mediación social, laboral e cultural. Na actualidade, desenvolve un proxecto internacional de ecodesenvolvemento dende a cidade de A Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Concellería de Cultura do Concello de Laxe.
                                                           
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com