|
A Área de Igualdade do Concello de Camariñas continúa co seu grande traballo de concienciación no seo da poboación camariñá. Xa o pasado 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, desenvolvía a iniciativa máís novedosa da zona cunha intervención visual na rúa, chamada O Fermento do Silencio. Esta era só unha das partes do completo Plan de Igualdade (descargar en [pdf]) que está a artellar o concello fisterrán, e xa se pode ver o resultado na exposición. Os premiados Estes son os premiados deste II Maratón Fotográfico Implícate: - O primeiro premio a mellor serie fotográfica: José I. del Moral Rodríguez.
- Segunda mellor serie fotográfica: Lucía Cao Martínez.
- Premio especial a mellor fotografía feita por un home na temática da Corresponsabilidade: Marcos Rodríguez.
Algún vello coñecido por Camariñas xa que tanto Lucía Cao como Marcos Rodríguez saíron gañadores na primeira edición do Maratón. A exposición
A exposición, con imaxes dos máis dos 50 participantes cazadas o día do Maratón, xa está aberta no Local da Marina en Camariñas dende o día 28 de novembro. Estará aberta ata ata o 13 de decembro, de 11:00 a 14:00h. e de 17:00 a 20:00h.. Un monólogo pola igualdade A “Casa de Pedra” acolleu a representación teatral dun monólogo en contra dos malos. Foi a compañía Dequenquen que realizou o monólogo, sobre o que as xentes que acodiron quedaron encatados e riron e se entristeceron por igual, con estatraxicomedia que nos leva pola crueldade dalgunhas vidas moi reais. Plan de Igualdade Como nos conta Patricia Vaquero, a Técnica de Igualdade do Concello de Camariñas, o "Plan de Igualdade é unha arma de traballo metodolóxica necesaria para traballar dende a Área de Igualdade". Nese sentido, Patricia cóntanos como unha casa comeza polos cimentos: "Antes de comezar a traballar pola Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e na loita contra a violencia de xénero, temos que analizar a sociedade na que vivimos e na que queremos incidir.", explica Vaquero. O Plan continúa tras "coñecer as mentalidades da poboación, en que punto nos encontramos, o impacto de xénero que tiveron as iniciativas que se fixeron ata o momento… en fin con todo isto foi como se chegou o documento final que está na páxina web e que en breve editaremos para a súa posterior distribución e publicidade". Máis información Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, da man de Patricia Vaquero, Téc. Igualdade do Concello de Camariñas.
- Fotografía do grupo de Marcos Rodríguez.
|