Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Este Nadal desfruta de Fisterra  Correo-e
lunes, 30 de noviembre do 2009

Image

Xa ten artellado o Departamento de Cultura do Concello de Fisterra o Programa Cultural do Nadal. Un programa que parte co lema "Este Nadal Desfruta" e que xa comeza esta semana.

IV Mostra de Artesanía

O Faro Fisterra acollerá esta fin de semana de ponte a mostra, pero xa coñeceremos a proposta con máis calma esta semana.

Obradoiros de nadal

Unha das clásicas citas culturais do nadal son os obradoiros. O venres 11 levarase a cabo no Salón de Plenos a partir das 17:00h un obradoiro de elaboración dun centro de flores secas.

Tamén hai para o venres 18 de decembro outro obradoiro, este para elaborar un tapete de nadal.

Títeres

Os títeres de Barballocas estarán o sábado 12 de decembro ás 19:00h na Casa da Cultura de Sardiñeiro.

Bingo popular

Os maiores poderán desfrutar dunha chocolatada, con mazapáns, pastas, e partidas de bingo, cartas... Será o domingo 13 a partir das 18:00h na Casa da Cultura de Sardiñeiro (inscrición no concello ou no 981 74 00 01).

Festa do Nadal

A gran cita será o domingo 20 a partir das 18:00 no Pavillón Municipal. O invitado esecial será nada menos que Papá Noel.

Noiteboa

Títeres antes da cea. Ás 18:00 no Salón de Plenos, "Tolo conto de Nadal".

Concerto de Nadal

O día 25, panxoliñas na Capela do Bo Suceso ás 20:00h

Preparando as cartas aos Reis

Os días luns 28 e e mércores 30 os pequenos poderán aprender a elaborar as cartas aos reis magos. A partir das 17:00h na aula de informática (inscrición ante do día 23 no concello ou no 981 74 00 01).

Cabalgata de Reis

A última cita terá lugar o martes 5 de xaneiro coa tradicional cabalgata. Pola mañá percorrerá as aldeas co concello. Pola tardiña, partirá ás 16:30h de Sardiñeiro e pasará a desfilar polas rúas do centro (se hai mal tempo, todo se lecebrará no pavillón).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Deàrtamento de Cutlura do Concello de Fisterra.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com