|
Apredendo utilidades das novas tecnoloxías |
Correo-e
|
|
martes, 01 de diciembre do 2009 |
|

Sempre interesantes e últiles as propostas da Rede de Dinamización da Sociedade da Difusión do Concello de Camariñas, unha das poucas que quedan vivas na bisbarra. Óscar Clapés, logo de moito tempo na vila, sabe das necesidades de veciños como Janel, organiza un obradoiro tras outro de cousas que lles serven para mellorar a calidade de vida. Este mes de decembro os alumnos aprenderán detalles como pedir cita para a ITV ou para o médico, no marco do cursiño “Trámites coa administración pública”. Esta será un das actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de decembro en Caariñas. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes: - “Creación dunha conta correo electrónico”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Desenvolverase de luns a xoves, do 09 ao 17 de decembro, de 18:30 a 20:00 horas.
- “Trámites coa administración pública”: o usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de realizar desde a súa casa diversos trámites administrativos sen necesidade de desprazarse até o organismo correspondente. Desenvolverase os días 21 ,22 e 23 de decembro, de 18:30 a 20:30 horas.
Inscricións Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Camariñas, sito no 1º andar do Centro de Iniciativas (ao carón do centro de saúde), na rúa do Río do Prado, s/n, chamar ao teléfono 981.736.506 ou mandar un correo electrónico ao enderezo
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Dinamizador da Sociedade da Información do Concello de Camariñas, Óscar Clapés.
|