Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Programa de Nadal en Laxe  Correo-e
martes, 01 de diciembre do 2009

Image

Xa estamos no Nadal, e se coñecimos xa o programa fisterrán; hoxe toca repasar o de Laxe. Un Nadal, o de Laxe, que vén marcado pola campaña de reciclaxe de xoguetes "Xogamos? xogar é un dereito, non un privilexio, que está a desenvolver a Concellería de Benestar Social, Cultura, e Protección Civil do Concello laxense.

Pero as actividades darán comezo este sábado 5 de decembro, pensando nos máis pequenos. Para adultos comezarán o luns 14, e continuará mércores 16 e venres 18,  onde os participantes poderán aprender e elaborar centros de mesa, guirnaldas, adornos para a árbore, cartas e sobres… entre outros. Durante os meses de decembro e xaneiro os veciños e veciñas poderán participar e desfrutar das seguintes actividades:

Obradoiros de decoración navideña

Onde, previa inscrición, os participantes poderán aprender e elaborar centros de mesa, guirnaldas, adornos para a árbore, cartas e sobres… entreoutros. Os obradoiros ofreceranse tanto para nenos, os sábados 5, 12 e 19, e adultos o luns 14, mércores e venres 16.

Xa está aberto o prazo de inscrición. Para inscribirse poderase facer ben: acudindo ás oficinas de cultura e/ou chamando por teléfono ao 981 706 903.

Concerto de panxoliñas

Será o domingo 27 de decembro no salón de actos, ás 19:00 hora. Sesión cantada de panxoliñas. A actividade neste caso é de carácter gratuíto e aberta a todos os públicos.

Saída ao cine a Carballo

O mércores 30 de decembro para visualizar unha das últimas estreas deste Nadal. Neste caso, a actividade tamén será aberta a todo o público, debendo correr este cos gastos da entrada.

Cabalgata de Reis

As Maxestades de Oriente visitarán o noso concello o domingo 3 de xaneiro, dada a súa atarefada axenda nestas datas. Sairán de Mórdomo ás 15.30 e despois de percorre-las parroquias do Concello chegarán á carpa situada na Praza dos Voluntarios. Alí baixarán das súas carrozas, repartirán caramelos e saudarán ós nenos e nenas que se acheguen a velos.

Festa Infantil

Na Praza dos Voluntarios o martes 5 de decembro. Co motivo de celebrar a chegada das Maxestades do Oriente, neste día, a partir das 17 horas, os máis pequenos poderán vivir unha tarde de festa na que atoparán hinchables, música, baile, xogos, chocolate quente e ata unha vídeo-conferencia cos Reis Magos, que, dende o oriente, facendo uso das novas tecnoloxías, comunicaranse con todos os laxenses para que os nenos e nenas poidan falar con eles para resolver todas aquelas inquetudes e dúbidas que lles atañen respecto destas personaxes.

Novas relacionadas

Outros programas de Nadal

Fonte

  • Concello de Laxe.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com