|
A Costa exporta saber en Turismo 2.0 |
Correo-e
|
|
miércoles, 02 de diciembre do 2009 |
|

A importante cita co sector turístico de toda Galicia, a Feira Internacional do Turismo Turexpo, celebrada esta pasada fin de semana en Silleda, tivo participación costeira. Ademais da presencia do autobús promocional da Costa, dous empresarios da zona realizaron unha demostración de que a Costa está na vangarda das novas tecnoloxías.. Manuel Pan e Daniel Cerqueiro, xerentes de Abertal e Galinus respectivamente (a primeira empresa carballesa e a segunda de Corcubión) impartiron unha master class sobre a incidencia das Novas Tecnoloxías no turismo. Contando co apoio dunha Presentación excepcional, Pan e Cerqueiro realizaron un achegamento ás novas tecnoloxias enfocado a empresarios do sector. Partindo de conceptos como a diferencia entre nativos dixitais e inmigrantes dixitais, foi achegando datos da influencia da rede nas nosas vidas e no sector turístico. Outros apuntes como as redes sociais, tan metidas xa nas nosas relacións, campañas de publicidade pola rede con Adwords, control de visitas no noso espacio a través do Google Analytics, e mesmo a intelixencia artificial completaron a clase para avanzados. Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografías de José Juan Pérez Ramos.
|