Xoves, 09 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Os nenos de Laxe xa regalan os seus xoguetes  Correo-e
miércoles, 02 de diciembre do 2009

Image

Xa comezou a Campaña de Recollida de xoguetes "Xogamos? xogar é un dereito, non un privilexio". Unha campaña que artella a Concellería de Benestar Social, Cultura, e Protección Civil do Concello de Laxe. Unha concellería que aproveita, por un lado tempo de Nadal e por outro estes momentos de crise económica que sempre inflúen con maior dureza ás persoas cun nivel socioeconómico máis precario.

A idea é recoller os xoguestes que os nosos fillos non usan xa. Así, nunha época de gran consumismo, podemos formar aos nenos e nenas na cultura de non malgastar, e ao mesmo tempo, concienciarnos nós, os adultos sobre o beneficio de reutilizar os recursos.

A Concellería quere que sexan os propios nenos e nenas os que escollan o xoguete que queren regalar e acompañen aos pais e nais á súa entrega, pois entregar un xoguete non consiste en dar caridade, baleirar armarios ou reciclar argalladas que molestan na casa, trátase de poñer un pouco de xustiza e ofrecer solidariedade e xenerosidade gratuíta.

Poden ollar os consellos para a entrega de xoguetes, os puntos de recollida e outros detalles na Campaña de Recollida de xoguetes "Xogamos? xogar é un dereito, non un privilexio".

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Laxe.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com