|
Un paso adiante e dous atrás en Vaosilveiro |
Correo-e
|
|
jueves, 03 de diciembre do 2009 |
|

Xa está aprobada unha partida de 310.000 euros para a construción da ponte de Vaosilveiro. Esa ponte pantasma que convirte en odisea cada intento de traspasala, como lle ocorrera aos membros da Colexio Oficial de Economistas de Provincia de A Coruña, que a cruzaron en bici o río Castro. Pois a Xunta vén de remitir aos concellos de Muxía e Cee a solicitude de licencia da ponte. A urxencia é máxima pola premura do ano Xacobeo, polo que se agarda que estea listo nos primeiros meses do ano. O ideal xa tería telo construído meses atrás, pero o ritmo caribeño da Costa tópase agora coas inclemencias metereolóxicas e as subidas do río. Deste xeito, é posible que non se poida construir ata a primaveira, o que suporía un claro perxuizo para a imaxe turística da bisbarra. Deste xeito, non está descartada a ubicación dunha pasarela provisional. Problemas de sinalización Con todo, son moitos os problemas que quedarán por resolver. Se ben os concellos serán os responsables da limpeza do Camiño, hai un asunto de complicación maior. A sinalización do Camiño en toda a zona non é a mellor, pero se a ponte non se pode construir ata pasados uns meses do ano Xacobeo, a mellora na sinalización do desvío por Lires é fundamental. Polo de agora, os 4 quilómetros de balde que hai percorrer se non queres mollarte en Vaosilveiro, poden convertirse en eternos dadas as malas indicacións. Novas relacionadas Fonte
|