|
O recuncho da Costa (I): Corcubión |
Correo-e
|
|
sábado, 20 de octubre do 2007 |
|
Esta terceira fin de semana de outubro comezamos unha nova sección para este diario dixital. Trátase de amosar un recuncho entreñable da Costa da Morte. Así cada fin de semana, e coa vosa axuda se vos prestades, publicaremos unha fotografía daquel recuncho encantador da nosa bisbarra. Comezamos esta iniciativa cunha imaxe de Corcubión, a vila que viu nacer a este diario e ao que tanto debemos dende a redacción. Trátase da rúa Rafael Juan número 58, como ven podemos comprobar. A autora da fotografía foi realizada por Irene García Patiño, estreita colaboradora do diairo dende antes mesmo do seu nacemento e veterinaria da Clínica Argos de Cee, coa que Que pasa na Costa comparte a iniciativa de Salvacadelos. Contamos coa vosa colaboración para isto e para calquera outra cousa de interese. Estamoe en
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
. Graciñas. Fonte - Redacción de Que pasa na Costa.
- Imaxe realizada por Irene García Patiño.
|