|
A actividades culturais do Nadal cultural en Baio son artelladas a cabalo entre a FABA, a Federación de asociacións de Baio, e o concello zaense. Este Nadal vén cargado con concertos, teatro, deportes... un pouco de todo para este decembro na vila baiesa. Teatro O xoves 10 de decembro, Danthea Teatro actúa para os máis pequenos. Farao coa obra "Carapuciña vermella ou o conto do lobo"ás 11:00h no Auditorio de Baio. e representará "As aventura de Polichinela e a Galiña Negra" ás 15:30h CPI de Zas. Concerto didáctico O venres 11 de decembro, os pequenos do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose de Baio disfrutarán do Campo de Estrelas. Teatro O martes 15, Caramuxo Teatro achégae ao Auditorio do Concello ás 11:00h para representar Zapatos, unha obra dirixida a alumnos de Ed. Infantil do Concello. Cine e música clásica O mércores 16, proxección da película “THE KID” con música en directo no CPI de Zas e no CEIP Labarta Pose de Baio. Teatro O venres 18, Caramuxo Teatro representará Os Bolechas no Auditorio para os áis cativos. VI Memorial Pepe Valiña O sábado 19 decembro ás 21:00h na Igrexa nova de Baio coas corais Orfeón Neria da Costa da Morte, Orfeao de Paços de Ferreira (Portugal) e a anfritiona Coral polifónica Xan Mella de Baio. Organiza a AMC Pepe Valiña 20 decembro domingo. Teatro O domingo 20, ás 18:00h no Auditorio do polideportivo, a Escola de teatro Banco de Tempo do Concello de Zas actuará nunha cita organizada por Badius Teatro. Obradoiros de Nadal Os martes, mércores e xoves, días 22, 23 e 24 de decembro, ás 16:00h no Pavillón polideportivo, o Concello de Zas organiza estes obradoiros para cativos. Repetiranse os dúas 28, 29 e 30, desta volta de 11:00h a 13:00 no Centro socio-cultural de Zas. Visita Papa Noel O martes 22, a Escola Infantil de Zas recibe a Papá Noel. Ademais, na tarde do xoves 24 decembro a asociación ADRO organiza a visita de Santa Claus. Ronda de Nadal AMC Pepe Valiña organiza esta ronda de nadal e tarde de tapeo co Tren da unha de Laxe e Os de Xan Mella. A cita será o sábado 26 decembro. Exhibición de xadrez O Pavillón polideportivo organiza para o sábado 26 de decembro, ás 17:00h, unhaxornada de xadrez, organizada por SUA AGRA. Fútbol BAIO-CARNOTA O fútbol tamén ten cabida no programa, e o encontro aprazado pola morte dun directivo do clube baiés, disputarase o domingo 27 de decembro no Pratas Reinoso. Teatro Domingo 27 decembro, 18:00h e Teatro Badius e ADRO organiza o XXV aniversario de Cantareiras e gaiteiros de ADRO no Auditorio do polideportivo. Cine Familiar Citas co cine para todos os luns, martes e mércores, días 28, 29 e 30 de decembor, a partir das 16:30h Pavillón polideportivo. Sesións organizadas polo Concello de Zas. II San Silvestre baiesa SUA AGRA organiza por segundo ano a exitosa e simpática carreira da San Silvestre Baiesa polo paseo fluvial. Iso si, no canto de facela o día 1 de xaneiro ás 08:00h da mañá, a carreira desenvolveráse o xoves 31 decembro ás 17:00h. Festa Fin de Ano con orquestra No DUDAS, a Comisión de festas de Baio organiza a festa para a noitevella. Ronda de Nadal Nova ronda de nadal e tarde de tapeo co Tren da unha de Laxe e Os de Xan Mella. A cita será o sábado 2 de xaneiro. Teatro O domingo 3 de xaneiro Teatro Badius actúa no Auditorio do polideportivo ás 18:00h. A obra será “Xoo... ante o perigo”. Cabalgata de Reis Organizada pola Colabora Amigos do Cabalo para o martes 5 xaneiro. Actuará "Fredi" co espectáculo Circanelo no Centro socio-cultural de Zas, ás 18:00h. Organización - Coordina: FABA (Federación de asociacións de Baio).
- Colaboran: Concello de Zas e Deputación de A Coruña.
Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Coral Xan Mella de Baio.
|